Saltar ao contido principal

N de Prensa: Ferrol Cidade da memoria Democrática

 

Memoria Histórica Democrática

14:56 (hace 1 hora)
para Asociación, bcc: 

Desde a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática celebramos o anuncio feito esta mesma mañá polo Ministro de política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres,   de que o vindeiro 4 de novembro o Boletín Oficial do Estado publicará  a declaración de Ferrrol como “Cidade da Memoria”

É esta esta unha distinción memorable para a nosa cidade, o primeiro lugar en Galicia que a recibe, que debemos entender tamén como cabeceira das comarcas Ferrol, Eume e Ortegal, que irán sumando nun futuro os seus lugares emblemáticos a este recoñezemento tan merecido onde máis de 900 mulleres e homes perderon a vida e outros milleiros padeceron represión pola súa defensa das ideas de progreso, igualdade e xustiza social.

O noso profundo recoñecemento a cantas persoas fan posible este nomeamento, ás Asociacións Culturais que nos acompañaron na solicitude: Ateneo Ferrolán, Fuco Buxán, Ferrolterra Antiga, López Bouza, ao historiador Xosé Manuel Suárez que coordinou o expediente de solicitude, as persoas que aportaron ideas e datos, e aos/as historiadores/as e investigadora que lle prestaron o seu aval. Tamén a todas e todos os cargos públicos que se interesaron e aopoiaron a petición e especialmente ao Secretario de Estado da Memoria Fernando Martínez e ao propia Ministro que nos acaba de adiantar tan boa nova. Parabéns a todas e todos. E sempre coa Memoria Democrática.  

--
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol
en Instagram:  @MHD_Ferrol