Saltar ao contido principal

REUNIÓN CO SECRETARIO DE ESTADO DE MEMORIA DEMOCRÁTICA

 


REUNIÓN CO SECRETARIO DE ESTADO DE MEMORIA DEMOCRÁTICA.

Esta tarde a nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, representada polo seu presidente
 Manuel Fernández Pita e Maryté Pérez Grueiro, membro da Directiva, acuden a Delegación do

 Goberno en A Coruña, convidados polo Delegado Pedro Blanco e polo Secretario de Estado da

 Memoria Democrática, Fernando Martínez, para manter unha reunión de traballo sobre temas

 memorialísticos.
Agardamos dese encontro boas novas para Ferrol e lembramos que a nosa Asociación propiciou o

 encontro de varias entidades e historiadores da cidade para solicitar o pasado maio a declaración de

 “Ferrol lugar da Memoria Democrática” como ámbito que reune a máis de vinte espazos fortemente e

 dramaticamente vinculados á Memoria.

Engadimos fotos cedidas por Chelo Carballal, da recepción desta mañán no Pazo de Meirás.