Saltar ao contido principal

PROPOSTA DE MANIFESTO PARA ACCIÓN INMEDIATA

 




gstggaliza@riseup.net

Adjuntosmié, 17 sept, 22:34 (hace 18 horas)
        Mentras a flotilla avanza cara a Gaza tras dous ataques con drons e
vixiada constantemente por eses drons en augas internacionais, Israel
intensifica a masacre en Gaza e prepara a anexión de Cisxordania.
        Agora a solidariedade con Palestina necesita dunha intensificación,
dende o Movemento Global para Gaza estamos elaborando diferentes
propostas.
        Como sabedes, no anterior correo electrónico, propuxemos unha acción
inmediata despois da posible interceptación da flotilla. Palas de Reis,
Cee, Coruña, Pontevedra, Compostela xa están convocando ou en proceso,
diferentes organizacións e colectivos estanse sumando.
        Acabamos de subir unha proposta de manifesto provisional, haberá que
modificalo segundo as circunstancias da interceptación. No enlace ao
cryptpad actualizaremos o manifesto e todas as propostas de materiais.

https://cryptpad.fr/drive/#/2/drive/view/3U2MVnBrO841QdzvcZB7jI1vhnkkWKgfTDcbgpEFfpc/

        Agardamos as vosas novas.

        Viva Palestina Ceibe!!!   

PROPOSTA DE MANIFESTO PARA LER NAS MOBILIZACIÓNS DO DÍA SEGUINTE Á
INTERCEPTACIÓN OU BLOQUEO DA FLOTILLA SUMUD GLOBAL

(Esta redactado pensando nun dos posíbeis cenarios, mais os datos concretos da operación haberá

que actualizalos o mesmo día da mobilización)
NA FLOTILLA NAVEGAMOS TODAS, POR PALESTINA

Na Flotilla Sumud Global navegamos todas. Nas ducias de barcos que a compoñen hai tripulación
de 140 países de todo o mundo, mais tamén, xunto a elas, viaxan os nosos corazóns, a nosa
solidariedade, o noso amor e a nosa rabia para para deter este exterminio nauseabundo e poder
aliviar o sufrimento das nosas irmás e irmáns do pobo palestino.
Onte, dia 25*? de Setembro a Flotilla Sumud Global foi interceptada, (bloqueada, retenida...) de
xeito violento por barcos do exército sionista de Israel en augas internacionais a x? millas náuticas
da costa de Gaza. A operación militar, realizada en metade da noite, viola o dereito internacional e
marítimo e provocou un grave perigo para a seguridade das nosas compañeiras e compañeiros que
navegan nos barcos. Esta operación militar contra poboación civil internacional en misión
humanitaria de paz foi un acto abusivo, arbitrario, ilegal e terrorista, perpetrado por un estado
xenocida.
Foron varios os intentos de sabotaxe ás embarcacións durante toda a travesía, intentos de queimar as
embarcacións con artefactos incendiarios,....... ademais de estar, a Flotilla, sometida a vixilancia
constante por medio de drones en augas xurisdicionais de diferentes países, incluso do Estado
español.
A situación que está a sufrir o pobo palestino da Franxa de Gaza é un auténtico horror. O estado
xenocida de Israel está asasinando a poboación de Gaza de todas as formas posíbeis; a maioría das
asasinadas son poboación civil, mulleres, homes, crianzas, vellas e novas. Centros de saúde,
escolas, campos de refuxiadas e tendas de campaña están sendo bombardeadas. Están levando a
cabo un masacre planificado para exterminar a poboación palestina de Gaza.
Israel, como estado ocupante, ten a obriga internacional de garantir que a poboación civil de Gaza
teña acceso seguro e suficiente a alimentos, auga, menciñas e outras subministracións
indispensábeis para a súa supervivencia. Pola contra está impedindo de xeito sistemático e
deliberado a provisión de asistencia humanitaria imprescindíbel para una poboación civil que a
necesita con urxencia. Gaza leva 18 anos cun bloqueo ilegal e asfixiante, onde é restrinxida a
entrada de alimentos, auga, menciñas, combustíbel e electricidade, que nos últimos dous anos é
absoluto.
Os estados occidentais, os estados da maioría de países árabes e os doutras partes do mundo, miran
para outro lado cunha actitude vergoñenta de connivencia, complicidade e silencio, entrementres
este estado asasino viola todos os tratados internacionais sobre dereitos humanos, o Dereito
Internacional, o Derecho Internacional Humanitario e os propósitos e principios da Carta de
Nacións Unidas. O que outorga, a estes psicópatas sanguinarios, inmunidade total para exercer o
seu sadismo atroz sobre a poboación de Gaza.
A interceptación por Israel da Flotilla Sumud Global visibiliza ante o mundo esta impunidade da
que goza Israel desde hai décadas, pola inacción da comunidade internacional.
Ante esta inacción e complicidade dos gobernos é a poboación civil internacional a que toma a
iniciativa e se organiza, con escasos medios mais con fortes conviccións, sacando tempo de onde
pode, e freta ducias de embarcacións precarias para poder chegar até Gaza en misión humanitaria,

cargadas de subministracións básicas, portando víveres e menciñas, mais sobre todo esperanza e
solidariedade. Nestas embarcacións navega unha valente tripulación que asume grandes riscos para
rachar o bloqueo e parar este bestial xenocidio. É a xente do pobo quen se move para axudar a un
pobo irmán que está sufrindo o incomprensíbel e salvaxe masacre do sionismo. A solidariedade do
pobo galego tamén navega cara Gaza coa nosa representante na Flotilla, Sandra Garrido. Esta
Flotilla, xunto con todas as persoas solidarias dos distintos pobos do mundo, estamos formando
unha irmandade, cada vez mais grande e poderosa, de solidariedade coa poboación palestina.
Non tería sido preciso que as nosas compañeiras que navegan nos barcos correran estes riscos se os
estados houberan convertido a sua retórica, baleira de contido, en medidas enérxicas para forzar a
entrada de axuda humanitaria en Gaza.
Desde Galiza solidarizámonos coas nosas irmás e irmáns gazatís e coa Flotilla Sumud Global,
cuxos barcos van cargados de humanidade, e condenamos esta acción militar de interceptación.
EXIXIMOS:
- Que se paren as atrocidades sobre a poboación palestina e que se xulguen aos responsábeis por
crimes contra a humanidade.
- Que se abra, de xeito urxente, unha ruta humanitaria por terra e mar para que chegue a axuda
humanitaria á poboación de Gaza, para poder paliar a súa precaria e desesperada situación.
- Que a tripulación da Flotilla Sumud Global sexa tratada con máximo respecto e sexa posta en
liberdade de xeito inmediato e incondicional.
Facemos un chamamento a todas as galegas e galegos para que estean alerta cos ollos postos na
Flotilla para seguir os acontecementos e reaccionar ante un empeoramento da situación para as
compañeiras en mans do exercito israelita.
Seguiremos mantendo toda a nosa atención sobre o que está pasando en Palestina e seguiremos
mobilizándonos contra o xenocidio deste pobo, exemplo de valentía e resistencia.

DESDE O RÍO ATÉ O MAR PALESTINA VENCERÁ