|
Desde a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática y la Asoc.C.Fuco Buxan comunicamos á familia de Amada García o noso sentido pésame polo falecemento onte de AMADA TOIMIL GARCÍA,
filla de Amada García Rodríguez e Gabriel Toimil Dopico.
Amada, que faleceu a noite pasada, nacera en Mugardos hai 94 anos e levaba 72 como monxa de clausura no Convento de Eirís (A Coruña) da Congregación de Carmelitas Descalzas. Neste convento recibíu sepultura esta mesma tarde.
Amada tiña seis anos cando a súa nai foi fusilada, o 27 de xaneiro de 1938,no Castelo de San Felipe, vítima da represión e a intolerancia as súas ideas de igualdade e progreso social. Foi acollida na casa do seu padriño e o seu irmán Gabriel, recén nacido, polos avós maternos.
A súa sobriña e demás familia a nosa aperta solidaria.
Na foto, Amada García coa súa filla falecida hoxe.