Saltar ao contido principal

COMUNICADO MHD de Fuco Buxán

 Comunicado MHD de Fuco Buxán    


: Có motivo da visita do Secretario de Estado de Memoria Democrática,Fernando Martinez, A

 Coruña a  Asociación Fuco Buxán participou na reunión que tivo lugar onte á tarde na Delegación do

 Goberno de Galicia,xunto con outras asociaciópns.

No encrontro,Fernando Martinez puxo ao día  as persoas asistentes do estado de desarrollo  da Lei de

 Memoria Democrática,logo de tres anos da súa entrada en vigor.Informou que en breve vai-se constituir o

 "Consejo de la Memoria"e a súa publicación vai aparecer no BOE. Logo desa publicación,as

 asociacións

 dispoñerán de dez días,máis ou menos,para presentar candidaturas ás vocalías que se sexan

 creadas.Contemplanse tres niveis de representación:asociacións de ámbito estatal,autonómico e local.

 Non precisou o número total de vocalías.

O Secretario tamén falou dos avances na depuracuón de nomes de rúas de todo o Estado relacionados có

 franquismo e animou ás asociacións notificar aqueles casos no ámbito local que poidesen non ser

 coñecidos.

En relación cós lugares da memoria,Martínez lembrou que a súa visita tiña como obxetivo oficializar o

 Pazo de Meirás e a Illa de Sam Simón como tales..Tamén anunciou que Ferrol recibiu a denominación

 de" Lugar de Memoria",recoñecendose o seu papel na historia democrática dende o século XIX ata a

 Transición. O Secretario eloxiou o informe presentado pola cidade,consederando-o completo e

 xustificativo da designación como" Ciudad de Memoria",feito que nos enche de orgullo,pois Fuco

 Buxán forma parte das asociacións que tomaron parte na elaboración do mesmo.Aínda que non foi

 fixada unha data concreta para a efectividade do nomeamentoe ante a insistencia do presidente de

 MHD,Manolo Pita,Martínez sinalou que ha de ser " moito antes do que imaxinamos"

A reunión rematou logo de unha ronda de preguntas,levandose a cabo nun ambente agradable e de

 colaboración.

 Begoña Hermida ,MHD