SOS Sanidade Pública denuncia o atropelo da veciñanza
de O Hio (Cangas do Morrazo) que loita
polo seu dereito a saúde.
1.- Pola administración sanitaria galega que lle
nega un Centro de Saúde desde fai anos: No ano 2008, o Sergas comprometeuse a
construír un novo centro de saúde para á poboación de Ou Hío e Aldán. Para
facelo posible o Concello de Cangas adquiriu uns terreos que foron cedidos á
Consellería de Sanidade no 2012. Dende entón a Consellería de Sanidade, propietaria
dunha parcela de 2.200 metros cadrados, ten
paralizado o proxecto de construción do centro por motivos políticos..
2.- Polo clima de odio e crispación social
estimulado por algúns políticos: Onte un coche arrollou a veciños/as
de O Hío que ocupaban, de forma pacífica
e lexítima, un paso de peóns en protesta
pola paralizacións da construción do Centro de Saúde na localidade (aprobado hai
17 anos), que necesitan de xeito
urxente. Este acto, temerario e
irresponsable, protagonizado por un vehículo que se deu a fuga, poido rematar nunha auténtica traxedia.
As asociacións parroquiais que integran Ou Hío (mais de 5.000
habitantes),: Pinténs – Terra da Laxe,
Vilanova – Ou Arco de Vilanova, Igrexario – Fonte Nova, Donón – Berobreo
e Vilariño – Pedra Amarrada, reclaman os sábados cada quince dias o cumprimento
deste compromiso pendente cunha
concentración. Esta loita cidadá é un exemplo de constancia e resistencia que
se prolonga por máis dunha década.
Desde SOS Sanidade Pública de Galicia queremos trasladar toda a nosa
solidariedade e apoio á veciñanza do Hío na súa loita en defensa do seu Centro
de Saúde, os nosos mellores desexos dunha pronta e completa recuperación ás
persoas feridas no atropelo e recordar a Conselleria de Sanidade que cumpra
dunha vez por todas co seu compromiso de construír o Centro de Saúde.