REPARANDO A MEMORIA DAS VÍTIMAS DA DITADURA.
Hoxe a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática acompañamos ante a Fiscalía de Memoria e Dereitos Humanos á familia dos irmáns López Saavedra para tramitar a solicitude de anulación de sentenzas dos Consello de Guerra de 1936. Un acto de lembranza e de restitrución da Memoria destas dúas vítimas da Ditadura.
Ambos irmáns, naturais de San medro de Marmancón, entón Concello de Serantes, eran mellizos, solteiros, de 23 anos e cabos da Armada.
Durante o golpe militar de xullo de 1936 mantivéronse leais ao rexime republicano legalmente constituido.
José acusado de rebelión militar e traición foi condenado a morte en Consello de Guerra e fusilado no Arsenal o 18 de agosto de 1936, sendo soterrado no antigo Cemiterio de Canido.
Manuel, membro da dotación do acoirazado “España”, foi detido no buque-prisión “Plus Ultra” e na Escollera do Arsenal. Sentenciado a morte en Consello de Guerra, por “sedición e rebelión militar” foi fusilado con outras 33 persoas no Cemiterio de O Val, Narón, a noite do 26 de decembro de 1936. A fosa común onde xace está en estudo de exhumación.
Estas persoas, como todas as vítimas da represión, sempre na nosa Memoria.
Brindamos o noso correo electrónico para quen poidera precisar da nosa colaboración:
memoriahistoricademocratica@gmail.com