Saltar ao contido principal

NOTA DE PRENSA MOBILIZACIÓNS "CONTRA O XENOCIDIO E EN APOIO A FLOTILLA SUMUD GLOBAL GAZA"

 


        Antes de nada, amosar o noso alborozo e agradecemento pola solidaria
resposta ao noso chamamento.
        Facilitamos agora a nota de prensa que imos enviar dende o Movemento
Global a Gaza-Galiza, mañá xoves, aos medios galegos informando de toda
a vosa solidariedade. A nota de prensa podedes adaptala, ou redactar
unha nota diferente se vos parece máis axeitado, para enviar os medios,
sobre todo locais, informando das mobilizacións que convocades, ou
simplemente amosando o voso apoio.
        Lembrarvos que neste enlace tedes todo o relativo a esta mobilización
“Contra o Xenocidio e en Apoio a Flotilla Sumud Global” na Galiza,
cartaces, mobilizacións, nota de prensa, vídeo...

Movemento Global A Gaza-Galiza

Viva Palestina Ceibe!


MOVEMENTO GLOGAL A GAZA - GALIZA

NOTA DE PRENSA

Galiza, 28 de agosto de 2025. O Movemento Global a Gaza – Galiza convoca mobilizacións en
todo o país o 30 de agosto. As accións, baixo o lema “Contra o xenocidio e en apoio á Flotilla
Sumud Global”, terán lugar en cidades e vilas galegas como Compostela, Vigo, Ferrol, A
Coruña, Ourense, Pontevedra, Fisterra, Illa de Arousa, Sanxenxo e Redondela.
O Movemento Global a Gaza – Galiza chama á sociedade galega a mobilizarse o vindeiro 30
de agosto en solidariedade co pobo palestino e en apoio á Flotilla Sumud Global, que partirá
o 31 de agosto desde distintos portos internacionais para romper o bloqueo imposto polo
Estado de Israel a Gaza. Están organizadas accións por mar e por terra.
As accións confirmadas na Galiza
 Compostela: Concentración ás 12h na Praza do Toural.
 A Coruña: Manifestación ás 12h desde o Obelisco.
 Ourense: Concentración ás 20h na Praza Maior.
 Pontevedra: Roteiro ás 20h desde o Hospital até a Subdelegación.
 Lugo: Concentración ás 20h. na Praza Maior.
 Ferrol: Encontro de embarcacións ás 12h. no Muelle de Cortina. |Recital poético no
Muelle de Curuxeiras ás 20h
 Vigo: Regata de vela solidaria ás 11h e marcha terrestre en Samil ás 17h.
 Fisterra: Marcha ás 11h desde o Monumento ao Emigrante até o faro.
 Illa de Arousa: Marcha pola ponte e flotilla ás 12h.
 Sanxenxo: Marcha desde a Praza dos Barcos á Lonxa de Portonovo ás 19h.
 A Guarda: Concentración ás 19h na Praia do Porto
 Ribadeo: Concentración o domingo 31 ás 12:30 na Praza de España
 Redondela: concentración o luns 1 de setembro ás 20:30h na Praza do Concello
Denuncia e solidariedade
Desde o movemento denuncian que a comunidade internacional está a asistir “en directo a
un xenocidio”:
“Vidas esnaquizadas, familias destruídas, hospitais e escolas bombardeadas, persoal sanitario
e xornalistas asasinados”.
Critican tamén a complicidade de gobernos europeos e institucións internacionais, “que
manteñen relacións comerciais e militares co Estado de Israel mentres a infancia palestina é
obxectivo do terror”.
A Flotilla Sumud Global estará composta por ducias de barcos con tripulacións de 44 países,
que partirán o 31 de agosto co obxectivo común de romper o asedio ilegal imposto a Gaza
por mar e entregar axuda humanitaria. Ademais, este movemento global pretende facer
visíbel a solidariedade internacionalista coa Palestina.

“Palestina resiste xeración tras xeración, con dignidade e orgullo, e a súa loita é tamén a nosa.
O 30 de agosto, Galiza sairá á rúa para dicir que Palestina non está soa”, sinalan desde a
organización convocante.
O Movemento Global a Gaza – Galiza pide a todas as organizacións sociais, sindicais, culturais,
feministas, estudantís, ecoloxistas, veciñais e políticas e ao conxunto da sociedade clvil galega,
que se sumen á mobilización, e fai un chamamento especial a manter a vixilancia no caso de
que a flotilla sufra sabotaxes ou ataques durante a súa viaxe.
📞 Contacto para medios:
Amaia Pérez Izaguirre - 637208755
Alberte Pagán - 617235254
Ánxela Gippini - 654346081