DESCONVOCATORIA DA CONCENTRACIÓN ANUNCIADA PARA O LUNS 4 DE AGOSTO EN FERROL A Coordenadora da Marcha das Mulleres da comarca de Ferrol desconvoca a concentración do próximo luns, en vista das últimas informacións difundidas polos medios de comunicación sobre a violación dunha muller en Ferrol na noite do pasado martes. Neste momento a moza desdise sobre o relato recollido na denuncia anterior. Descoñecemos as circunstancias que a levan a retractarse, mais, conscientes das dificuldades polas que tivo que pasar, entre elas o tratamento do caso sen ter en conta a súa vulnerabilidade e a dimensión que adquiriu ao ser aproveitado de forma descarada por grupos xenófobos, non nos sorprende este resultado. En todo caso sempre estaremos do lado desta moza ou de calquera outra muller que pase por circunstancias similares. Manifestamos a nosa condena dos discursos de odio, que parten dos mesmos que negan a existencia da discriminación contra as mulleres da que proveñen todas as formas de violencia de xénero. A violencia contra as mulleres é universal e sempre inadmisíbel, veña de quen veña. Ferrol, 2 de agosto de 2025
DESCONVOCATORIA DA CONCENTRACIÓN ANUNCIADA PARA O LUNS 4 DE AGOSTO EN FERROL
A Coordenadora da Marcha das Mulleres da comarca de Ferrol desconvoca a concentración do próximo luns, en vista das últimas informacións difundidas polos medios de comunicación sobre a violación dunha muller en Ferrol na noite do pasado martes.
Neste momento a moza desdise sobre o relato recollido na denuncia anterior. Descoñecemos as circunstancias que a levan a retractarse, mais, conscientes das dificuldades polas que tivo que pasar, entre elas o tratamento do caso sen ter en conta a súa vulnerabilidade e a dimensión que adquiriu ao ser aproveitado de forma descarada por grupos xenófobos, non nos sorprende este resultado. En todo caso sempre estaremos do lado desta moza ou de calquera outra muller que pase por circunstancias similares.
Manifestamos a nosa condena dos discursos de odio, que parten dos mesmos que negan a existencia da discriminación contra as mulleres da que proveñen todas as formas de violencia de xénero. A violencia contra as mulleres é universal e sempre inadmisíbel, veña de quen veña.
Ferrol, 2 de agosto de 2025