CONTINUAN AS MOBILIZACIONS DE PROTESTA CONTRA OS PECHES DO SERGAS DURANTE O VERAN
Manuel Martin Voceiro
NOVA CONCENTRACION EN CANGAS CONVOCADA POLA VOZ DO PACIENTE: 12 DE AGOSTO ÁS 12H DIANTE DOS XARDÍNS DE ANDREA: Seguimos coas concentracións reclamando: CUBRIR o100% das ausencias do persoal no centro de saúde; AUMENTO de recursos en saúde mental; REHABILITACIÓN E PEDIATRÍA pola tarde; AMPLIAR o servizo da ambulancia de SVA as 24h; AUMENTO de todo persoal no centro de saúde; CONSTRUCIÓN do CENTRO DE SAÚDE para Aldán e O Hío; CONSTRUCIÓN dun CAR para o Morrazo. PARTICIPA PARA QUE SE NOS VEXA, PARA QUE SE NOS ESCOITE E PARA QUE SE NOS RESPECTE
CONCENTRACIÓN CENTRO DE SAUDE DE CATOIRA MÉRCORES 13 ÁS 11:30H.. Enviouse unha invitación ó Xerente de Sanidade, ó Conselleiro de Sanidade e ó Presidente da Xunta, a intención é ter un diálogo aberto para visualizar o desmantelamento do noso centro e as súas solucións. O acto consistirá en recrear a problemática de diferentes doencias que sufrimos: lesións, ósos rotos, migrañas, lumbalxias, gripes, COVID, EPOC, ... e solicitar médicas e ambulancia. Ó non ter ningunha desas opcións a veciñanza... morre. Posteriormente, lectura manifesto, concentración nas aceras da carretera principal para rematar buscando novas ideas para o mércores 20
No colmo do cinismo e da cara dura o Sergas que tanto "aforra para as privadas" pide a Vilagarcía que contrate máis persoal sanitario para a festa da auga. En las reuniones preparatorias de la inminente Festa da Auga destinadas a organizar todo el operativo de seguridad y emergencias, los representantes del Sergas reclamaron un esfuerzo al Concello de Vilagarcía para dotar de más personal médico al hospital de campaña que monta cada año. Esto supoñe privatizar una atención que e responsabilidad do SERGAS
https://www.facebook.com/
SOS Sanidade Pública Sanxenxo alerta da “denegación” de atención en Baltar e Vilalonga por falta de médicos. A plataforma denuncia esperas nas consultas ata setembro, priorizacións a non residentes e centros con quendas reducidas; esixe cobertura inmediata das prazas e restauración da atención ordinaria. O Centro de Saude de Baltar conta con só 3 ou 4 médicos de familia por xornada, cando o habitual sería entre 8 e 10. No caso do Centro de Saúde de Vilalonga, denuncian que está a funcionar cun único médico e soamente 4 horas diarias, pese a haber asignadas dúas prazas a xornada completa.
O grupo municipal de Ribeiro en Común en Ribadavia denunciou, a través dun comunicado en redes sociais, a falta de pediatras no centro de saúde do municipio, Punto de Atención Continuada (PAC) da comarca do Ribeiro, e lamentou unha "nefasta xestión" da sanidade pública en Galicia.
https://www.laregion.es/
PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO CONDADO E A PARADANTA DENUNCIA: Seguimos sumando luns de concentración no Centro de Saúde da Caniza, continuamos sen pediatrA. Hai 2 médicxs pasando as consultas de 3, que moi probablemente se quede en 0 o próximo venres 15 de agosto. Continuamos coa campaña de presentación de reclamacións de xeito presencial. Tamén se poden presentar na aplicación Sergas Móbil. Vémonos o luns que ven.
https://www.instagram.com/p/