Saltar ao contido principal

COAS FAMILIAS DOS REPRESALIADOS NA FISCALÍA DA MEMORIA E MEMORIAL DE CANIDO.

 


COAS FAMILIAS DOS REPRESALIADOS NA FISCALÍA DA MEMORIA E MEMORIAL DE CANIDO.
Nestas datas, para a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, foi unha grande satisfacción acompañar á familia dos irmáns López Fidalgo, asasinados na Ditadura, a visitar o Memorial de Canido e comparecer ante a Fiscalía de Memoria Democrática e Dereitos Humanos, para iniciar o proceso de anulación de sentenza e condea da detención e morte dos seus familiares.
Neto, bisneta, sobriños netos e sobriña bisneta, logo de moitas décadas de ausencias motivadas pola represión daquel réxime xenocida e dictatorial, reencontráronse con moitísima emoción.
Os irmáns López Fidalgo, ferroláns, operarios da Constructora Naval, militantes anarco sindicalistas e persoa de gran compromiso social e sindical foron asasinados nos primeiros meses tras o golpe militar de 1936.
Nicasio, solteiro, de 34 anos, foi “paseado” no Cemiterio de Canido, por aplicación do artigo 4º do Bando de Guerra, con Manuel Ardao Iglesias, tamén da CNT, o 6 se setembro, acusados de manter armas agachadas.
Francisco, casado, con 4 fillos e fillas, acusado de “propalar noticas tendenciosas contra o Movemento Nacional” foi condeado a morte en Consello de Guerra, xunto a Francisco Cabado Candales, por igual motivo e fusilados no Arsenal o 29 de Decembro.
Tiveron unha emocionante lembranza para Carmen, irmá de Francisco e Nicasio, que permaneceu agachada moito tempo, procesada “en rebeldía” e  conseguíu salvar a vida pero tivo que marchar de Ferrol.
A eles e a todas as vítimas da represión franquista, honra e Memoria.