Saltar ao contido principal

ARDE GALICIA !!!!

 ARDE GALICIA!!! diante da situación de caos, de falla de medios materiais, técnicos e humanos URXE a colaboración do conxunto das institucións pois cos medios cos que conta Galicia é imposible atender a todalas emerxencias polo que:

- Declarar o Nivel 3 de emerxencias coordinando e pedindo a colaboración do Estado español.

- Activar o mecanismo europeo de Protección Civil XA!!! Europa ten medios, Europa pode e debe axudarnos.

Están ardendo os ecosistemas de máis valor de Galicia dende fai máis de 10 días...Dixémolo e seguiremos decíndoo:

- Moitas brigadas entran día sí e día tamén con só dous ou tres compoñentes (o mínimo teñen que ser 5 operarios)

- Autobombas, imprescindibles para a extinción, parados en garaxes boa parte das xornadas por falla de conductores.

- Casetas de vixiancia, estratéxicas para a detecion inicial dos lumes, pechadas.

- Non se cubren baixas e vacantes dunha boa parte do persoal do servizo de prevención e extinción de incendios.

- Boa parte das brigadas son contratadas polos concellos por tres meses. Brigadas con falla de equipamento, formación, experiencia...Outro incumprimento máis da Xunta de Galicia pois un dos compromisos do goberno galego era que o servizo de extincion debe ser público e depender íntegramente da Xunta de Galicia.

A mediados de agosto, unha das queixas máis comúns cando se chega a un incendio, é que unha boa parte da "infraestrutura de prevención" está abandonada (camiños, pistas forestais, áreas cortalumes, devasas, limpeza das faixas ao longo das vías de comunicación, liñas eléctricas...xestión da biomasa en zonas estratéxicas...). Os traballos de prevención deste 2025 Están sen realizar...

Un desastre ecolóxico, económico e social que afecta a Galicia esquecida, marxinada, valeirada e agora calcinada.

Achegamos os datos actualizados dados pola Xunta de Galicia e os datos recollidos  polo sistema COPERNICUS da Unión Europea, quen minte a Unión Europea ou a Xunta de Galicia??? Tendo en consideración os datos de "copernicus" a superficie calcinada/arrasada é un 27% superior ao que di o Goberno de Galicia...

Outra politica forestal en Galicia é posible, é imprescindible!!!

Que non nos mintan e que non nos enganen, esa estratexia para agochar a triste realidade e a súa manifesta incompetencia ten un percorrido moi curto 🔥 🌳🔥