URXENTE! - Apoiade a carta cos 4 MÍNIMOS ÉTICOS da maior coalición palestina ós festivais galegos de KKR
| dom, 8 jun, 12:56 (hace 1 día) | ![]() ![]() ![]() | ||
|
Á atención de todos os colectivos galegos solidarios con Palestina:
Desde BDS Galiza pedímosvos que o voso colectivo se sume á campaña galega e internacional en defensa dos dereitos do pobo palestino e de presión aos festivais vencellados á KKR para que cumpran coas 4 demandas mínimas éticas exixidas pola maior coalizón da sociedade civil palestina: o Comité Nacional Palestino do BDS, seguindo os criterios da PACBI (Campaña Palestina polo Boicote Académico e Cultural a Israel).
Trátase dunha resposta colectiva e ética ante a implicación do fondo de investimento KKR en 4 grandes festivais de música galegos: Resurrection Fest, Morriña Fest (que terá lugar na Coruña e conta con apoio institucional de varios concellos), Caudal Fest e O Son do Camiño, empresa cómplice de Israel e sinalada na lista estratéxica de BDS. Como demostraron diversas investigacións, KKR está implicado en sectores chave do réxime de apartheid israelí, como o militar, o tecnolóxico e os asentamentos ilegais.
Solicitamos que o voso colectivo:
Asine a carta aberta publicada por BDS Galiza e dirixida aos festivais galegos vencellados á KKR, que recolle os 4 mínimos éticos que exixen BDS e a PACBI aos festivais propiedade de KKR.
LIGAZÓN Á CARTA:
https://docs.google.com/forms/
Difunda nas súas redes sociais o seu apoio á campaña.
Anime a outras entidades, colectivos culturais e sociais a adherirse a esta chamada á responsabilidade ética e á solidariedade.
Exerza presión social para que os festivais se desvinculen da complicidade con crimes contra a humanidade e cumpran, como mínimo, coas catro esixencias formuladas pola PACBI.
Esta campaña non é un feito illado: forma parte dun movemento coordinado a nivel internacional que procura que festivais e eventos culturais deixen de colaborar con empresas e fondos implicados no apartheid israelí. A implicación de colectivos solidarios como o voso é clave para que Galiza se coloque ao lado da legalidade internacional, dos dereitos humanos e da dignidade dos pobos.
Ficamos á vosa disposición para facilitar contactos, información adicional e materiais para a difusión do apoio.
Agardando atentamente a vosa resposta,