| 12:05 (hace 4 horas) | ![]() ![]() ![]() | ||
|
Fronte as recentes declaracións do Conselleiro de Sanidade de que as Listas de Agarda na Sanidade Pública Galega son razoables, cada vez menores, transparentes e unhas das mellores do Estado, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar:
1.- O SERGAS manipula e falsifica as listas: Hai dous tipos de listas, as Estruturais que se publican cada seis meses e as Non Estruturais que acumulan as persoas enfermas que rexeitan a proposta de intervención cirúrxica nun centro privado ou por motivos clínicos (descoñecidos pola persoa enferma). Estas supoñen máis do 30% das publicadas.
2.- Son maiores que as de antes da COVID incumprindo as promesas da Xunta de rexeneración e mellora do Sistema Sanitario Público: En Atención Primaria (que non deberían existir) a media de espera é de 7 días e poden chegar a 15 días ou un mes, cando antes dos recortes non superaban as 24 horas. En Atención Especializada as cirúrxicas creceron un 28% e a espera media alcanza os 76,5 días ( un 17,7% máis elevadas que as do 2019); as de primeira consulta creceron un 15%, cun tempo de espera medio de 60,8 días (un 19 % maior que antes das Pandemia); as de probas radiolóxicas creceron un 18,4%.
3.- As Listas son sumatorias: Na Atención Primaria 7 días, as de Primeira Consulta con especialistas hospitalarios 67,5 dias, as de Probas Diagnosticas de 60,8 días, para radioloxía, ou 149 días, para endoscopia, e para Cirurxía 68,5 días. En total 203 días de espera para persoas cun problema de saúde que exixe cirurxía, e ata 1 ano de espera en moitos casos
4.- Existen grandes diferencias entre hospitais: En Cirurxía a diferencia alcanza o 40% entre A Coruña- CEE con 78 dias de espera media e Lugo- Monforte con 47 días de espera); en Primeiras Consultas a diferencia alcanza o 46%, entre as que as ten mais alta Ourense-Verín- O Barco con 86 días e a tan mais baixa que e Santiago-Barbanza con 46 días.
3.- Segundo a Enquisa de Saude do INE 2917-2023 Galicia e a segunda comunidade autónoma con unha maior porcentaxe da poboación que non ten acceso a asistencia sanitaria por culpa das listas de agarda (un 18% mais co resto de CCAA)
4.- A Conselleria incumpre a súa propia lexislación (Lei de Garantías de Tempos de Espera) que marca un máximo de 60 días para intervencións cirúrxicas: e a media galega está e 67,5; as de Primeiras Consultas en 45 días e a media e de 60,8; e as de Probas Diagnósticas en las 45 e as de radioloxía están en 68,5. Agora elaborou un novo protocolo para sacar das listas a miles de pacientes graves con citas de máis de 180 días de espera cirúrxica que rexeiten ser intervidos en outras áreas a quilómetros de distancia
5.- A solución no é a privatización do Sistema Sanitario Publico
Os seguros privados tamén teñen listas de primeiras consultas, que chegan ser de mais de 3 meses para especialidades hospitalarias, como consecuencia de que o persoal medico acumula pacientes nas consultas xa que cobran unha miseria por cada paciente que atenden (9-15 euros)
Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Publica (que forma parte de SOS Sanidade) propoñemos unha serie de medidas para racionalizalas: Recuperar os recursos recortados para acabar coa masificación e as barreiras de acceso a Atención Primaria; utilización plena dos recursos dos hospitais públicos mañá e tarde; incrementar camas nos hospitais de agudos; crear novos hospitais de crónicos; promover a Cirurxía Maior sen Ingreso, a Hospitalización de Día, a Hospitalización a Domicilio e a Cirurxía Menor en Atención Primaria; aplicar unha política de persoal incentivadora para mellorar o seu rendemento; e esixir a dedicación exclusiva ao persoal medico que traballo o a sanidade pública para acabar co baixo rendemento na Pública.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública