Saltar ao contido principal

NOTA AGDSP PECHE CAMAS E CONSULTAS NO VERAN

                 



A ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DENUNCIA OS PECHES DE CAMAS HOSPITALARIAS, CONSULTAS E CENTROS DE SAUDE DURANTE O VERAN

1.- O SERGAS ten previsto pechar 743 camas hospitalarias publica (10% do total) este verán, pese a dramática situación das listas de agarda, que son 20% superiores as de antes da pandemia e que superan amplamente la lexislación galega de Garantía de Tempos de Espera.

2.- Os maiores peches afectaran a área sanitaria de A Coruña con 221 camas e Vigo con 174, pese ter as maiores listas de espera (78,5  e 63,5 dias respectivamente)

3.- Na Atención Primaria o Conselleiro anunciou peches de consultas e de Centros de Saúde este verán, xa que non  substituirá  ao persoal de vacacións (na actualidade hai 243 razas vacantes) o que incrementará a espera que supera a semana. Esta situación será especialmente dramática no medio rural  e nas localidades que multiplican a poboacións polo turismo.

4.- Este peches terán importantes consecuencias para as Listas de Agarda e a saúde da poboación:

- Incrementaran aínda mais as listas de agarda hospitalarias despois do verán, o que favorecerá as derivacións aos centros privados concertados  (25.000 pacientes so en cirurxía no ano  2024)

- Dificultarán aínda mais o acceso a asistencia sanitaria. Mais da terceira parte da poboación non podo acceder a atención sanitaria polas listas de agarda.

5.- A Consellería pretende así aforrar gastos de persoal e de funcionamento dos centros e sobre todo de beneficiar ao sector privado: O 25% da atención especializada de Galicia realizase en hospitais privados, o gasto en concertos ascende a 217 millóns de euros e deriva cada año 25.000 pacientes de cirurxía  a centros privados.

Desde a nosa Asociación alertamos a poboación dos riscos dos peches de camas, servizos y consultorios durante o verán e exiximos a Xunta de Galicia incrementar os recursos do sistema, recuperar o recortado  e  poñer a pleno rendemento os centros sanitarios públicos. 

Soamente a mobilización social e profesional pode frear estes peches de cada verán

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública