| sáb, 21 jun, 18:01 (hace 1 día) | ![]() ![]() ![]() | ||
|
CONVOCATORIA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA PARA O LUNS 30 DE XUÑO DO 2025.
Estimados/as amigo/as:
Despois da mobilizacións do día 12 de xuño contra a situación das listas de espera en Galicia, aloramos que foron un importante éxito que demostra que SOS Sanidade Pública e as diferentes Plataformas en Galicia, temos unha gran capacidade de elaborar propostas, difundilas á poboación e articular mobilizacións en defensa da sanidade pública en toda Galicia.
Agora, enfrontámonos a outra (e reiterada) ameaza da Consellaría de Sanidade que é o peche de camas hospitalarias, en principio parece que 617, un 9,2% do total e tamén de econsultas de Atención Primaria (non substituirá ao persoal de vacacións). Estes peches, prodúcense a pesar do aumento das listas de espera e mostran a ausencia de planificación e o interese por reducir gastos á conta da atención da poboación.
Nos hospitais, estes peches incrementarán aínda máis os tempos de espera para consultas, probas e cirurxías, e favorecerán as derivacións aos centros privados concertados.
En Atención Primaria os peches de consultas e a falta de persoal substituto, supoñerán clausura de consultorios rurais, masificación dos centros nas áreas turísticas que multiplican a poboación residente e a imposibilidade de acceder aos centros de saúde ca consecuente saturación das urxencias hospitalarias.
O verán ven todolos anos... e a incompetencia da Xunta do PP indica que non lle preocupa a saúde da poboación e só ten como obxectivos incrementar a privatización derivando a pacientes aos centros concertados ou aos seguros privados médicos.
Por iso propoñemos:
1. Manter a mobilizacións das Plataformas SOS durante este verán, con accións puntuais de protestas, de acordo á problemática de cada localidade, aínda que sen convocar unha actuación puntual conxunta.
2. Elaborar un Manifesto e un Folleto contra o peche de camas hospitalarias e consultas de Atención Primaria pese as inaceptables listas de espera, cun cartaz para informar e difundir a campaña de protestas.
3. Facilitar a difusión das mobilizacións de cada localidade en prensa e redes sociais a través da rede de SOS Galicia e apoiar ás que soliciten calquera tipo de axuda.
Para valorar as mobilizacións do día 12 e acordar (ou descartar) esta proposta, convocamos unha nova xuntanza da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia o 30 de xuño ás 17:30h. na seguinte ligazón:
https://meet.goto.com/
Saúdos:
Manuel Martin. Voceiro SOS