Saltar ao contido principal

ANTE A POSIBLE INSTALACIÓN DUN SKATEPARK SOBRE O PARQUE ANTÓN VARELA, EN CANIDO.

 


En nome de varias Asociacións Memoralistas e historiadores remitimos Comunicado conxunto sobre a instalación dun Skatepark sobre o Parque Antón Varela en Canido.
Este documento será entregado por Rexistro no Concello de Ferrol.
Pregamos publicación e difusión.



ANTE A POSIBLE INSTALACIÓN DUN SKATEPARK SOBRE O


PARQUE ANTÓN VARELA, EN CANIDO.


Ante a nova aparecida nos medios de comunicación sobre a aprobación, pola Xunta do Goberno do

Concello de Ferrol, da instalación dun parque de Skate sobre o parque Antón Varela en Canido, as

Asociacións e historiadores abaixo firmantes manifestamos o seguinte:

Valoramos moi positivamente, como non pode ser doutro xeito, a creación de novos espazos

deportivos e de lecer na cidade, máis ainda se van dedicados á xuventude que debe ter sempre

lugares axeitados de convivencia, encontro e sana actividade.

Consideramos que o lugar elexido, neste caso, pola Xunta de Goberno para a instalación citada,

non é o indicado polas seguintes razóns:

Ocupa e desvirtúa unha zona verde, dedicada ao músico Antón Varela, pavimentando 400 metros

cadrados dela sen necesidade, existindo no barrio lugares máis idóneos.

Deixa en segundo plano e nunha situación marxinal ao Memorial ás Vítimas do Golpe Militar e

Ditadura Franquista, que debe gozar dunha posición preferente, cun espazo ao seu redor, onde se

podan celebrar actos, cando sexa oportuno, como a exitosa convocatoria do día da súa

inauguración.

Máxime tendo en conta que acaba de ser proposto, entre otros lugares do termo municipal, como

Espazo da Memoria Democrática, e con toda seguridade será así declarado.

A súa proximidade ás vivendas ocasionará graves molestias sonoras á veciñanza, cuestión que

non sucede con outras equipacións similares existentes, como a de A Malata, lonxe da zona

residencial.

Rogamos por tanto, á Xunta de Goberno, a reconsideración da súa decisión mudando o lugar de

ubicación desta instalación sen dúbida importante e necesaria.


Ferrol, 10 de xuño de 2025


Apoian este comunicado:

Asociación Cultural Fuco Buxán.

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

Asociación Sociocultural López Bouza.

Ateneo Ferrolán.

Historiadores:

Enrique Barrera Beitia.

Guillermo Llorca Freire

Bernardo Máiz Suárez

Xosé Manuel Suárez Martínez.

Investigadora:

Ánxela Loureiro Fernández