A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar á opinión publica que o Plan de Reforzo en Atención Primaria é unha nova cortina de fume para ocultar a ausencia de planificación fronte a unha situación que se reproduce durante cada verán e que deteriora, aínda mais, a situación dos Centros de Atención Primaria en Galicia.
1.- O chamado Plan de Reforzo Estival pretende creas unha bolsa de persoal medico en réxime voluntario para facer gardas localizadas (non presenciais) nos PAC que os requiran. Esta proposta ademais dunha inaceptable improvisación coloca a Galicia na situación de país en desenvolvemento que necesita recorrer ao voluntariado para cubrir postos asistenciais no sistema sanitario publico
3.- Oferta ao persoal do Servizo de Emerxencias (061) que prolongue voluntariamente o seu tempo de traballo para cubrir gardas nos PAC de Atención Primaria. O esgotamento do persoal é un risco para a poboación usuaria.
4.- Pretende trasladar persoal medico dalgúns Centros de Saúde a outros nos que hai maior presión asistencial (denudar a un santo para vestir a outro). Esta oferta de traballo temporal realízase tamén a persoal que traballa fóra de Galicia a cambio de aloxamento en lugares turísticos, como fixo o Concello Sanxenxo nunha soada ocorrencia.
5.- Facer que o persoal en formación MIR sen acabar o seu período de formación cubra a actividade de consulta sen supervisión, pese a carecer da exixida titulación
A Atención Primaria Galega necesita (en lugar desta nova chapuza estival), que a Xunta duplique o seu orzamento anual real do 11% ao 25% (como aconsella a Organización Mundial da Saúde), que cubra as 243 prazas vacantes nos Centros de Saúde, repoña os persoal recortado, repoña ao persoal médico que se xubila, oferte condicións laborais dignas ao seu persoal para que non se vaia de Galicia e poña en marcha un novo modelo baseado en equipos de saúde multidisciplinarios.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública