Saltar ao contido principal

QUEREMOS GALEGO. Información importante sobre a rolda de prensa e a manifestación do 17 de maio

 

Plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO queremosgalego@gmail.com

vie, 9 may, 16:43 (hace 1 día)

Amigas e amigos:

Este mércores 14 de maio convocaremos unha rolda de prensa para informar dos detalles sobre a manifestación do 17 de maio. Esta rolda terá lugar no Centro Socio-Cultural Maruxa e Coralia de Santiago (Praza Salvador Parga 4, Santiago) ás 11h. Se é posíbel, agradecémosvos que traiades unha pandeireta convosco!!!

Ademais informámosvos de que temos previsto que a manifestación do 17 de maio sexa encabezada polas entidades que forman parte do proceso Lingua Vital. 

Neste sentido, agradecemos que confirmedes a vosa asistencia tanto á cabeceira da manifestación como á rolda de prensa, respondendo a este correo.

Por outra banda, continúa aberta , se aínda non o fixestes, a inscrición ao Proceso social lingua vital en https://www.queremosgalego.gal/proceso-social-lingua-vital/ 

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Plataforma Queremos Galego
Rúa García Prieto nº 7 semisoto B
15706 Santiago de Compostela
Tel. 981563885
www.queremosgalego.gal