Saltar ao contido principal

SOS SANIDADE PÚBLICA

 




Diante o Plan da Xunta de Galicia para incorporar a Cirurxía Menor nos Centro de Saúde desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos deuniciar

1.- A Cirurxía Menor é unha das actividades que debería realizar a Atención Primaria e forma parte das habilidades que deberían realizar o persoal Medico

2.- Ata o de agora esta actividade non se pode desenvolver de maneira xeneralizada  en moitos Centros por falta de persoal adestrado habilitado para a súa realización e de tempo para levala a cabo, a pesar de ser demanda desde hai anos por moitos profesionais

3.-. Tras os recortes de recursos acometidos pola Xunta desde o 2008 as consultas médicas están masificadas e apenas queda tempo para realizar as actividades de consulta, promoción, prevención, rehabilitación e traballo coa comunidade.

4.- Por tanto anunciar que se van a xeneralizar a realización destas  actividades cirúrxicas nos Centros de Saúde é un novo brinde ao sol da Conselleria de Sanidade que pretende ocultar con actuacións de márketing a realidade de que unha gran parte dos Centros de Saúde de Galicia apenas dispoñen de tempo para atender as consultas normais e que xeran listas de espera que superan a media dunha semana