Saltar ao contido principal

Sen cultura non hai país , Editorial NOS Diario

 A cultura galega está, din, nun "momento crítico". Non o di un profeta da apocalipse. Dío o Consello da Cultura Galega –xa sabemos que os seus informes non son do agrado da Xunta e cando isto acontece, como xa vimos co Instituto Galego de Estatística (IGE), Rueda pode tomar medidas–. Mentres a oficialidade se envolve nun entusiasmo case folclórico, alleo aos datos, o sector segue atrapado nunha parálise que xa parece crónica. O último informe do Observatorio da Cultura Galega confirma o evidente: non hai planificación, nin estratexia, nin visión de país. Seguimos presos dun modelo baseado en medidas illadas e discursos de escaparate. A dixitalización, a proxección exterior, ou o apoio a sectores chave seguen ben gardados nun caixón, quizais para mellores tempos ou para o vindeiro titular. Mentres, o tecido cultural galego loita por sobrevivir sen políticas públicas que o acompañen, criando sen facer ruído, en condicións case heroicas.

Digámolo claro: ou se deseña unha política cultural feita na Galiza e para a Galiza, ou seguiremos asistindo á lenta disolución da nosa capacidade de xerar cultura, o que tamén é perder a nosa identidade. A cultura é un sector económico fundamental que xera emprego, innovación e valor engadido. Sen compromiso real, sen planificación e sen acción, a cultura galega quedará reducida a un elemento decorativo, a un mero xogo de imaxes institucionais.