Saltar ao contido principal

Mañá a poboación galega terá a oportunidade de mostrar o seu rexeitamento á política de recortes, desmantelamento e privatización da Sanidade Publica Galega.

 Mañá a poboación galega terá a oportunidade de mostrar o seu rexeitamento á política de recortes, desmantelamento e privatización da Sanidade Publica Galega.


• Atención Primaria inaccesible con persoal recortado,
• Peche dos servizos de pediatría deixando sen atención a miles de nenos,
• Desaparición dos Centros de Saúde Rurais,
• Centos de chamadas erradas para contactar cos centros de saúde por falta de persoal
• Mais dunha semana de media para ter cita  co persoal sanitario
• A metade das citas sen contacto co persoal médico
• Listas de espera hospitalarias desbocadas e manipuladas (máis do 30% das persoas enfermas amontóanse as listas ocultas durante meses e anos),
• Hospitais públicos a medio gas e os comarcais en proceso desmantelamento,
• Abandono do escudo os Servizos de Saúde Pública que nos deixen sen protección fronte a futuras pandemias
Etc, etc., ....
Sobran os motivos para mobilizarse diante da falta de resposta e de dialogo dunha Xunta de Galicia encerrada na mentira de que a Sanidade vai ben e se hai algún problema a culpa de é do Goberno Central, a pesar de ter todas as competencias de Sanidade.

A única política do Goberno  de Rueda é derivar diñeiro e  pacientes aos centros privados en mans de multinacionais estranxeiras.
 
O vindeiro domingo 6 de abril todos e todas á Praza do Obradoiro de Santiago para cambiar este estado de cousas que nos privan do Dereito á Sanidade Pública