Na madrugada do 25 de abril de 1974, Radio Renascença emite "Grândola, Vila Morena", o último sinal para o inicio da revolución que derrocaría á ditadura fascista de Salazar.
Forzas do exército portugués organizadas no MFA serían as encargadas de conseguir a liberdade co apoio do mellor do pobo.
"Grândola Vila Morena", máis aló de consigna para o golpe liberador, foi a canción do pobo no bienio 1974-76, polo impulso revolucionario, fronte á reacción.
E segue sendo, en Portugal e en todas partes, canción de quen non dan por perdido o combate por esa Grândola fraternal tan distante hoxe en día.
En xaneiro de 1983, José Afonso, coa voz moi debilitada pola súa enfermidade, canta “a capella” cos presentes no Coliseu dous Recreios de Lisboa o seu último e máis emotivo Grándola en público.
Fotos de Carlos Gil (Arquivos da Fundação Mário Soares e Maria Barroso)