Saltar ao contido principal

24.000 sinaturas avalan a ILP que reclama "rematar co secuestro" da CRTVG

 






24.000 sinaturas avalan a ILP que reclama "rematar co secuestro" da CRTVG

A iniciativa LEXISLATIVA POPULAR, impulsada por 40 organizacións, recibe o dobre dos apoios precisos.

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/entregan-perto-24000-sinaturas-da-ilp-liberemos-galega-

democratizar-crtvg/20250424124258221052.html

A delegación do comité que representa o persoal da radio e a televisión pública galegas e as 40 organizacións sociais, sindicais, culturais, profesionais ou políticas que apoian a iniciativa lexislativa popular (ILP) 'Liberemos A Galega' mostraban esta segunda feira no Rexistro do Parlamento a súa satisfacción polo apoio recibido da cidadanía. "Case 24.000 sinaturas, cando o que se precisan son 10.000", comentaban. A ILP presentouse ao público en xullo do ano pasado e a recollida de sinaturas non comezou até entrado setembro. En seis meses, 23.854 firmas. "Isto foi posíbel grazas á cidadanía galega, na presentación da iniciativa eu xa dixen que era optimista e confiaba neste país", manifestou Tareixa Navaza, pioneira do xornalismo galego e portavoz da plataforma