Bo día, compañeiras! Xa está aberto o prazo para votar ó V Recoñecemento. Comparto a ligazón por
aquí, por se alguén non recibiu o mail: https://redeacampa.org/es/votacion-votacao-2025/
Acampa pola paz e o dereito a refuxio está con Fuco Buxán y 6 personas más.
O sábado 1/03 abrimos o prazo para votar polas candidaturas do V Recoñecemento Internacional Acampa a defensa dos Dereitos Humanos.
As propostas na categoría internacional son:
- Avoas arxentinas da Praza de Maio.
- Lula, presidente brasileiro.
- UNRWA.es.
- Francesca Albanesa, Relatora Especial da ONU para os territorios palestinos ocupados.
- A comunidade médico-sanitaria de Gaza.
- Bisam Owda, xornalista gazatí .
- Yuli Velásquez, defensora ambiental e de DDHH colombiana.
Fai click aquí para coñecerlles mellor
https://redeacampa.org/.../v-reco-candidatos.../

As propostas na categoría galega son:
- Susana Alaniz, presidenta da Asociación Fuco Buxán.
- Xosé Abad, fotodocumentalista e impulsor e coordinador da rede Acampa pola Paz ata este ano.
- Mohamed Safa, activista defensor do pobo palestino.
- Ibrahima Diack e Maggate N’Diaye, defensores de Samuel Luiz.
- Marga González, activista de Amnistía Internacional Galicia.
Pica na ligazón para saber máis
https://redeacampa.org/gl/v-reco-candidatos-galicia-2025/
