| 12:54 (hace 8 horas) | ![]() ![]() ![]() | ||
|
O Conselleiro de Sanidade pide á Plataforma SOS Sanidade que suspenda a Manifestación prevista para o día 6 de abril na Praza do Obradoiro de Santiago.
Esta petición reflicte o gran temor na Conselleria e a Xunta de Galicia a unha mobilización social que mostré, unha vez máis, o crecemento do descontento social coa deterioración do sistema sanitario e a estratexia do seu desmantelamento (o 16 de xaneiro saíron mais de 60.000 persoa á rúa en Vigo esixindo frear a deterioración do Sistema Sanitario Pública nesa área.
A pesar de petición a SOS a realidade mostra que o Conselleiro mente:
1.- As listas de espera publicade están falseadas e non son cribles dado que miles de miles de persoas enfermas acumúlanse nas Lista de Espera Non Estrutural (ocultas) e que poden supoñer entre un 25-50% do total. Estas persoas enfermas ocultadas ademais de padecer unha gran incerteza sofren unha gran discriminación que pon en risco a súa saúde. Unha gran maioría de organizacións sociais, de pacientes, profesionais e sindicais veñen esixindo, mesmo nos tribunais de xustiza , a publicación destas listas.
2. A pesar desta estratexia de falseamiento as listas de espera cirúrxica (que adoitan ser as mais importantes para a saúde) non melloraron, mantendo os 67 días de espera media respecto ao ano 2023 e medraron en 3.600 enfermos/as mais.
3.- Para incrementar este engano a Conselleria de Sanidade creou recentemente un novo protocolo para sacar das listas aos pacientes con mais 180 días de espera que rexeiten ser operados en hospitais de fóra da súa provincia. Esta medida obriga a estes/as enfermos/as as a realizar grandes desprazamentos que poden supoñer centos de quilómetros e ás familias a asumir gastos de desprazamento e de estancia, que discriminan ás de menor capacidade económica.

Contabilizando a media de espera en atención primaria (7 días), cirúrxica (67,5), de consultas (60,8) e das diferentes probas radiolóxicas, o tempo de espera entre o momento en que a persoa enferma acode ao seu centros de saúde e é finalmente operado pode supoñer 217 días de espera real
Señor Conselleiro hai motivos mais que sobrados para protestar e manifestarse, polas listas de espera
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública