Manifestación histórica: A marcha contra Altri e a mina de Touro reúne máis de 50.000 persoas e colapsa A Pobra
A Pobra do Caramiñal acolleu na maña deste sábado unha manifestación histórica. A marcha que xuntou máis de 50.000 persoas colapsou a vila do Barbanza. Á mesma sumáronse desde o mar, máis 600 embarcacións procedentes de diversos puntos da ría de Arousa.
A choiva intensa, o vendaval no mar e os efectos da borrasca Martiño que leva varios días golpeando Galiza non botaron para atrás aos milleiros de persoas que acudiron a Pobra a manifestarse contra Altri. Máis unha vez, os paraugas convertéronse nos protagonistas da protesta, lembrando a histórica marcha de Nunca Máis de 1 de decembro de 2002.
A manifestación contra Altri na Pobra do Caramiñal superou todas as expectativas dos organizadores. Malia que os seus promotores agardaban unha alta participación na marcha, en ningún caso esperaban que a protesta congregase este elevado número de persoas na mobilización.
A masiva protesta ten o seu correlato no mar. Mentres milleiros de persoas ateigaban por terra o percorrido entre a explanada do porto comercial, por toda a beiramar e até o palco, emprazado no aparcamento de buses á beira da rampla de Chicolino, uns 600 barcos chegados de distintos puntos da ría de Arousa e mesmo dous estranxeiros fondearon na enseada da Pobra amosando carteis e pancartas contra Altri.
O acto de remate
O acto de remate da protesta estivo conducido polos actores Carlos Blanco, Isabel Risco e Quico Cadaval, que interviñeron a través de megafonía e de walkies, para que a emisión do acto chégase, tamén, a todas as embarcacións.

“Un modelo de industrialización que vai causar un dano irreparabel”
O manifesto denunciou “un modelo de industrialización que vai causar un dano irreparabel no noso tecido produtivo do marisqueo noso tecido produtivo do marisqueo, a agrogandaría e o turismo sustentábel, coa conseguinte perda de postos de traballo e de calidade de vida”.
“Galiza enteira sae á rúa defender o noso país dos depredadores e do Goberno da Xunta da Galiza que en vez de defender aos cidadáns alíase cos proxectos que queren espoliar a nosa terra e roubarnos a auga”, indicou o manifesto “poñendo en perigo a nosa vida, nosa saúde e o noso pan”.
O chamado elaborado polos promotores da marcha referiuse a declaración de impacto ambiental (DIA) favorábel a Altri aprobado a pasada semanas polo Goberno galego e avanzou que “queda aínda pendente a concesión da auga, a Avaliación Ambiental Integrada, a aprobación do proxecto industrial e o financiamento do Estado e da UE”
O manifesto rematou chamando a que “temos que seguir mobilizándonos e continuar en alerta para defender este país. Nós non queremos ambigüidades, reclamámoslle ao Goberno de España unha posición clara respecto da mina e a Altri e que non facilite o financiamento público nin do Estado nin da Unión Europea”.
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións