Saltar ao contido principal

Instantes literarios 8M: 20 de marzo

 

 

Ferrol, 14 de marzo de 2025

O pasado 8M celebrouse o Día internacional da Muller.

Dende a biblioteca queremos visibilizar esta iniciativa a través dos instantes literarios. O obxectivo da actividade é comentar e recibir recomendacións literarias de parte de persoas vinculadas ao mundo dos libros e, neste caso, do feminismo.

20 de marzo, de 17.00 a 19.30 h poderás vir e comentar brevemente con Magali R. Mátar algún dos títulos propostos nos que figuran personaxes literarios feministas.

Durante o mes de marzo temos a túa disposición unha mostra bibliográfica desta temática na biblioteca.

Grazas a E. Cubeiro, pola cesión de Menina Poppins 2024 (situada na Rúa Barrie de la Maza, Ferrol).

Recibe un cordial saúdo.

 

 
web_ico