Saltar ao contido principal

Cambios no Regulamento de Estranxeiría

 



Por qué es importante esta petición

O novo regulamento de estranxeiría, aprobado polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, aprobado o 20 de novembro do 2024 e que entrará en vigor o 20 de maio do 2025 provocará grandes prexuízos para os inmigrantes e para os empresarios que os empregan.

O regulamento obriga a milleiros de persoas inmigrantes con petición de asilo a deixar o seu traballo e pasar á clandestinadade, á "ilegalidade". Leven moito ou pouco tempo traballando en España, a única forma de regularizar a súa situación e desistir da petición de asilo pasando seis meses na ilegalidade, sen poder traballar, é dicir, sen ningunha fonte de ingresos para cubrir as necesidades básicas. A única saída é recorrer á caridade, á solidariedade ou ao traballo ilegal.

O propio regulamento do Goberno, escandaloso paradoxo, fomenta esta terrorífica perspectiva de vivir sen dereitos para estas persoas que, con moito esforzo e sufrimento, teñen conseguido un traballo, aprendido o idioma e están integrándose na sociedade de acollida:

"... podrán solicitar una autorización de residencia por circunstancias excepcionales por razones de arraigo siempre que haxan permanecido en territorio español en situación irregular al menos los seis meses inmediatamente anteriores a la presentación de la solicitud de esta autorización".

Por outra banda, os empresarios que teñen contratado a estas persoas van perder unha man de obra moi necesaria, con grandes dificultades de ser  substituída, e, tamén, o investimento feito na formación destes traballadores.

É urxente pero aínda estamos a tempo de evitar este despropósito. Solicitamos que se paralice da entrada en vigor do decreto ou que antes da do 20 de maio, o Goberno realice os cambios pertinentes que impidan as súas consecuencias negativas para as persoas e as empresas.

Firmas: 124Próximo objetivo: 200
89 personas han firmado hoy

Firma esta petición

Procesamos tus datos personales de acuerdo con nuestras Política de privacidad y Normas de uso.

Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR