Para evitar o bloqueo do tráfico de acceso a manifestación sae da explanada do porto comercial, diante da Lonxa (Confraria da Pobra do Caramiñal) e discurre pola beiramar ata diante do palco, ubicado no aparcamento de buses que está pegada ao mar, á beira da rampa de Chicolino e por detrás do Centro Sociocomunitario. Esta ubicación conecta a manifestación de barcos coa manifestación en terra.
☝️Na pancarta dianteira irán as/os patróns maiores de a Pobra do Caramiñal, Rianxo, Cabo de Cruz, Noia e o Grove, as Pdtas/es das mariscadoras de a Illa, Carril e Vilaxoán, tres persoas da Plataforma Ulloa Viva e tres da Plataforma mina Touro- o Pino NON
❗O servizo de orde garntizará que arredor do palco só se ubiquen as pancartas das plataformas e que a saída da manifestación se realiza correctamente coa orde establecida: faixa dianteira cos tres logos das plataformas, faixa da PDRA, faixa de Ulloa Viva e faixa da Mina de Touro-o Pino NON. Está totalmente prohibido o uso de petardos
🚌⚠️ Os autobuses q saian na saída norte da Pobra, que é a primeira. Recordase que teñen unha zona habilitada para aparcar no Porto, son moi limitados, polo que cando se encha van ter que deixar as persoas na zona da saída da manifestación e logo marchar para a zona de Cabio e sobre todo para o polígono.
🙏Será necesario que as persoas que acudan á manifestación leven paraugas e chuvasqueiro pola previsión de choiva fina.
👉Van guiar o acto final Isabel Risco, Carlos Blanco e Quico Cadaval. Vai a haber actuacións musicais de Zeltia e Grupo de Músicos (Mini, Allegue, Constenla e Piñeiro). A lectura do manifesto lerase entre tres mulleres: en representación da PDRA, María Porto, mariscadora e Pdta da Agrupación de mariscadoras de Carril; en representación da Plataforma Mina de Touro-o Pino NON, Maricarmen Aguiar, gandeira da zona afectada e en representación da Plataforma Ulloa Viva Marta Álvarez, gandeira en ecolóxico da Ulloa (Granxa Maruxa)