En colaboración con UDCxPalestina organizamos o vindeiro xoves 13, ás 19:30 unha charla con
Christoph Schreinmoser sobre a situación de Gaza perante a Corte Internacional de Xustiza. Neste
encontro imos analizar, desde o punto de vista do Dereito internacional, a situación actual da ocupación
ilegal por Israel dos territorios palestinos e as denuncias presentadas na Corte Internacional de Xustiza e
os pronunciamentos feitos por este órgano xudicial principal da ONU. Christoph Schreinmoser é Douto
en Dereito e Profesor de Dereito internacional público e Relacións internacionais na UDC. Xa sabes que
hai que inscribirse. Se queres xa te anoto eu. https://acalexandreboveda.gal/event/a-situacion-de-gaza-
perante-a-corte-internacional-de-xustiza/