Saltar ao contido principal

Recortes no dereito ao aborto: profesionais critican o Goberno galego por reducir de 14 a sete os Centros de Orientación Familiar

 


Na Galiza practicáronse 1.581 abortos no primeiro semestre de 2024, 93% en centros públicos, datos facilitados pola Xunta a Nós Diario que “non coinciden” cos da Sociedade Galega de Contracepción. O seu presidente, o xinecólogo responsábel do COF de Vigo, Javier Valdés, denuncia os “incumprimentos” do Sergas.