Saltar ao contido principal

POEMA DE XURXO PARA RAFAEL PILLADO

 Xurxo: [O AMOR DE LOBO]      



Non era un lobo, era un home rexo

que sempre ouveou por ben,

non levaba martelo ás costas 

mais moito golpeou en vida 

na bigornia do seu presente 

para dar forma ás súas arelas,

arelas de loita e reivindicación 

ante a represión sufrida;

Rafael non era un lobo 

mais sempre ouveou liberdade.


El era de mans duras,

desas que apertan ben e forte,

desas mans agarimosas

que non só xesticulan

senón que axudan e suman,

era moito de dar a man

e así como entregou altruísmo

entregou digna querenza

co latexar do seu corazón;

Rafael non era un lobo

mais sempre ruxiu de paixón.


Non, non era un lobo 

senón un home sobranceiro

que ouveaba de amor á vida,

era unha gorxa latexante

na procura de ecuanimidade,

era un faro de luz intensa

que iluminou camiños…

[19:52, 20/2/2025] Xurxo: Comparto así que así o copias mellor.

[19:52, 20/2/2025] Xurxo: 😘🍀🌟🫂