Investigadoras e investigadores debullaron esta sexta feira, nunha xornada que contou con familiares de presos da illa, o terror vivido en San Simón durante a ditadura franquista.
Na mesma estiveron presentes familiares de persoas que estiveron présas na illa e, ademais, participaron investigadoras e investigadores do período no que San Simón foi unha prisión, entre o 15 de outubro de 1936 e o 15 de marzo de 1943. Neste tempo, durante a ditadura franquista, morreron no cárcere 517 persoas, sen contar as sacas nin os presos fusilados fóra da illa.
Pepe Álvarez Castro, Dionisio Pereira, Juan González, Queta Molas, Eva Mejuto e Matías Torre botaron esta sexta feira luz sobre este período, nunha xornada que a edil de Memoria, María Ortega, considerou un"éxito" de participación, cun público que "se mostrou moi belixerante coa postura da Xunta da Galiza, que nega a historia de San Simón".
Refírese así a edil ás afirmacións do deputado do PP no Parlamento galego José Luís Ferro Igrexas, que o pasado 15 de xaneiro, no debate dunha iniciativa socialista para reclamar a constitución do Consello da Memoria Democrática da Galiza, asegurou que o Goberno galego "non tiña constancia desta iniciativa" nin de que "houbese mortes na illa salvo abusos do seu director naquel momento".

“Creo que a xente quería darlle unha resposta contundente [á Xunta] e iso visualizouse nestas xornadas”, explica a edil a Nós Diario. A veciñanza, explica Ortega, “non está disposta a consentir o negacionismo da historia de San Simón nin tampouco que se sigan a facer actividades [na illa] que son lesivas para a memoria dos presos”.
Coa vista posta na demandada declaración de San Simón como Lugar de Memoria Democrática —que a edil de Memoria de Moaña agarda que sirva para “pór fin a toda esa sen razón das actividades” que se permiten na illa—, o Concello de Moaña continuará a programar actividades mensuais, no marco do programa “Moaña con Memoria”, para continuar a "rescatar" a historia do enclave.