Pilar Sánchez e Ermitas Pena
Ermitas Pena nace no ano 1934 e con dous anos xa lle deteñen ó pai, Manuel Pena Camino, que foi condeado a cadea perpetua por unha acción contra o ferrocarril[i].
A mai Pilar Sánchez Vázquez, deixa a nena e ó outro fillo, Constantino, coa familia na aldea de Castro en Cuntis e marcha a Santiago a servir para estar perto do seu home. Mentres, ve como executan a Calvelo, a Manuel mándano ó cárcere de Coruña. Pilar marcha a Coruña, e traballa de cociñeira e coidando os nenos dunha familia propietaria da carnicería “La Santiaguesa” na plaza de España, isto permitíalle levar comida a Manuel.
Manuel vive as penalidades do cárcere pero sae no ano 1940 con “certa preparación” – xa que alí estudaban- e traen xunto a eles a súa nena Ermitas. Instálanse nunha casa no campo de Artilleria. A nena pode estar co seu pai que empezou a traballar vendendo queixos e ovos nas feiras. Pouco tempo pasou con el a nena, porque enseguida vaino buscar a Garda Civil. Grazas ós veciños que indicaron que estaba fóra, puido salvarse. Esa mesma mañan a muller Pilar envolve nun chal á nena e marchan á praza de España para coller Manuel o autobús da feira, e para non volver nunca. “Prefiro morrer que volver ó carcere” -dixera Manuel antes de marchar- e alá marchou ó monte.
E incorporouse á guerrilla de Benigno Andrade “Foucellas”, Freijo e Ponte, na IV Agrupación Guerrilleira de Galicia.
A familia con todo ía velo á aldea, tamén a Curtis á casa veciña da que, xunto a estación do tren, tiña a muller do Benigno Andrade “Foucellas” – a de “Pedro de Porco”- tamén víanse en Betanzos e alí ía Ermitas coa mai, mesmo a lugares do monte: nunha xesteira, ou xunto a un río
-E se nos collen aquí ? – desesperada- dicía a muller Pilar
– Se nos collen aquí morremos xuntos- recorda Ermitas que decía o seu pai Manuel
Lembra Ermitas, ver ó seu pai con ocasión da voda dun familiar. Alí víuno, no alto preto da igrexa, co traxe , as correaxes e o máuser no ombreiro.
A nena ia á clase de “Doña Isabel” (o fillo da mestra chamabase Oriente) que tiñas as aulas xunto ó matadeiro, e sufría a cotío os insultos das compañeiras , chamabanlle filla de criminal, filla de foucellas. Ermitas tiña tan só dez anos
Pouco despois, no ano 1946, levan a Pilar desterrada a Tordesillas onde traballou de asistenta, lonxe dos fillos de novo; naquel mesmo lugar tamén fora desterrada a muller de Benigno Andrade que enfermou e morreu alí , lonxe .
Os fillos de Pilar voltaron quedar sós.
Pilar en Tordesillas traballou na casa da familia Sigüenza, alí pasaba moito frío pero non fame xa que tiñan un ultramarinos e alí botou dous anos.
Mentres tanto a nena Ermitas quedou vivindo cos veciños Manuela Leis e o seu home, (ela era modista ) e a nena Ermitas puido seguir estudando
No ano 1949 Manuel foi morto nunha batida da Garda Civil xunto ós seus compañeiros Manuel Peña Tarrasa e José Manuel Castelo Mosquera, Carmen Temprano Salorio e Manuela Teiga.
A familia enteróuse pola prensa
-Alégrome de que non o colleran vivo- dixera Pilar cando se enterou – sabendo das torturas ás que eran sometidos os detidos pola Garda Civil.
Despois Pilar mandou ó seu irmán que fose pedir un certificado de defunción, pero non llo deron e nunca puido cobrar nada a pesares de estar dada de alta no seguro El Ocaso.
Sabía Pilar que eran importantes Freijo ou Ponte “un hombre inteligente” pero moitos ladróns actuaban en nombre de Foucellas .
Pilar Sánchez, deixou casa a filla Ermitas marchouse no ano 1957 a Venezuela onde permaneceu 17 anos, voltou e pudo mercar un piso na rúa da Torre para descansar da vida de penalidades. O pouco tempo debeu voltar a aldea e alí quedou vinte anos coidando o seu imán.
As familias continuaron a sufrir penalidades.
[i] Foi detido xunto con Manuel Calvelo López, Isabel Ríos Lezcano, Eduardo Sánchez Lago e Manuel Sánchez Ayerbe. Tres deles condeados á pena de morte, executada só no caso do médico Calvelo e ingresados no cárcere de Santiago no ano 1936.