Saltar ao contido principal

[eolicaasinon] MANIFESTO actualizado e INDICACIÓNS para a mobilización do domingo!!

 


Pola presente, achegamos a actualización do manifesto para a lectura do vindeiro domingo, 9 de febreiro, así como aquelas indicacións de relevancia para a recompilación de imaxes e vídeos durante a xornada de mobilización.

Calquera dúbida que xurda, rogo se indique.

Que saia todo moi ben!

Forza!!

Belén

1. MOBILIZACIÓN "NON AO ESPOLIO DA NOSA TERRA!" 9 FEBREIRO

1.1. Manifesto_9F

Descarga de manifesto 9F: https://docs.google.com/document/d/1P7Bn5b0YQqraF2YHwYJ8TQIfj69vOlBb/edit?usp=sharing&ouid=105682906496607524561&rtpof=true&sd=true 

1.2. Atención a medios

Animamos a reforzar as convocatorias das mobilizacións a través das RRSS. Suxírese utilizar os seguintes hagstag ou cancelos nas publicacións que se fagan: #EólicaAsíNon #NonRetramitaciónProxectosParalizados #NonEspolioEólico #NovoPlanEolico

O venres enviaremos un recordatorio da convocatoria aos medios de prensa.

Rógase que en cada zona haxa alguén de contacto para a atención aos medios, no caso de que fixese falla. A tal fin, pregamos enviedes antes do venres o contacto de cada zona a organizacion@adega.gal

Recomendamos a quen atenda aos medios que incida na necesidade de: un novo plan eólico ao servizo do pobo, unha moratoria de proxectos, respecto polas decisións xudiciais e participación social no deseño da nova planificación eólica.

1.3. Fotos e vídeos _9F

O domingo teranse que recompilar imaxes de todas as mobilizacións. Para iso, pídese que en cada zona se designen persoas encargadas de facer fotos e gravar vídeos.

-Fotos: farían falla entre 5 e 10 fotos por zona. 

-Vídeos para RRSS: farán falla 2-3 vídeos de menos de 20 segundos e en VERTICAL para as redes sociais.

-Vídeos para postprodución de vídeo colectivo: fará falla un vídeo da LECTURA COMPLETA do manifesto, e outros 3-4 vídeos da concentración como imaxes de recurso. A duración destes últimos vídeos que sexa menor de 20 segundos. Neste caso, os vídeos deben gravarse en formato HORIZONTAL.

As fotos e os vídeos para RRSS deben compartirse antes das 13:30 horas coa Coordinadora Eólica Así Non para que poidan acompañar ao comunicado de prensa. No caso de Campo Lameiro e Sarria, que celebran o acto pola tarde, compartirían as imaxes das concentracións e andaina tamén pola tarde.

Como compartilas?:

1.-Subíndo fotos e vídeos para RRSS a Google Drive na seguinte ligazón: https://drive.google.com/drive/folders/17Skd0N0cIWYi60s-vuHYI2k5eC7IxOpz?usp=sharing 

2.-Enviándoas por whatsapp, ao teléfono 722 70 67 28 (Comunicación ADEGA).

-Atención!!: Os vídeos horizontais e os que excedan os 10 MB, deberán ser enviados por Wetransfer, ao enderezo electrónico eolicaasinon@gmail.com

1.4. Contabilizar participantes_9F

Rógase a cada unha das zonas que antes das 13:30 horas comuniquen o número de manifestantes que asistan a cada concentración ao whatsapp antes indicado: 722 70 67 28 (Comunicación ADEGA). 

Sarria e Campo Lameiro, deberán achegar unha estima da participación pola tarde.

1.5. Loxística

Hai bandeiras de Eólica Así Non a disposición nos locais da CIG e ADEGA. Unha das faixas de Eólica Así Non que temos de reserva irá para as concentracións de O Morrazo-Pontevedra, e a outra para Sarria.

Se houber necesidade de megáfonos ou altofalantes, rogamos o indiquedes coa suficiente antelación.

1.6. Consignas

Se vos serven de orientación, tedes acceso ás consignas que se empregaron en anteriores mobilizacións na seguinte ligazón: https://docs.google.com/document/d/1Lq-TSgrVxg6demcT9Ra9w2IBP1GcVRe7/edit?usp=sharing&ouid=105682906496607524561&rtpof=true&sd=true

 
Veña que desta vai!!
 
COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON