Saltar ao contido principal

Plan contra as baixas laborais da Xunta



 



manuel martin

12:56 (hace 2 horas)
O Goberno Galego do PP, na súa primeira reunión do ano, acordou un "Plan Especial contra as baixas laborais" alegando que é un luxo que non nos podemos permitir,  mostrando así mais preocupación polas perdas económicas das empresas que polo sufrimento das persoas. 
Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP), queremos manifestar o seguinte que según recolle o Plan: "as baixas son culpa da poboación que abusa deste dereito e do persoal médico que é permisivo e carece de formación". A Xunta do PP, oculta que Galicia encabeza a sinistralidade laboral con resultado de morte: un de cada dez dos que se rexistran no Estado.
 Ademáis: 

1.- Con este plan especial, a Xunta apoia a estratexia da patronal máís reaccionaria, de reducir as baixas incrementado os controis de pacientes e facultativos.

2.- O Plan, vai dirixido, como sempre, a combater as consecuencias en lugar das súas causas:

• A falta de recursos e a súa mala organización: máis do 60% das baixas son por patoloxías músculo-esqueléticas ou psiquiátricas leves, a pesar do cal non hai Fisioterapia nin PsicoloxíaCclínica nos Centros de Saúde Galegos.

• A masificación das consúltas, como consecuencia dos recortes do PP en persoal médico e da hexemonía das consultas telefónicas, que dificulta conseguir citas nos centros e poder abordar os problemas de saúde a tempo o que complica o desenvolvemento das enfermidades e atrasan os controis dos pacientes.

• O sistema de seguimento das baixas, incrementa a burocracia e os tempos das mesmas.

É intolerable pretender inmiscuir ás Mutuas Laborais no control das baixas e permitirlles entrar na historia clínica persoal. As Mutuas son institucións ao servizo das patronais que buscan acelerar as altas en lugar de mellorar a saúde do persoal traballador. Desde fai anos, as mutuas pretenden levar o control das mesmas.

As baixas laborais non son un problema senón un dereito, que hai que garantir e mellorar reforzando a Atención Primaria, dotándoa de máis recursos, mais persoal medico, incorporando a profesionais de Fisioterapia e Psicoloxía Clínica, reducindo a burocracia e mellorando o control dos riscos laborais.

Desde a nosa Asociacion facemos un chamamento a poboación traballadora, ao persoal medico e aos sindicatos a rexitar este plan   
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 
image.png