Mohamed Safa, médico oftalmólogo palestino, é un defensor incansable dos dereitos do pobo palestino, facendo visible a causa palestina cun dos discursos máis potentes que podamos escoitar.
Safa conta con numerosos relatorios, participacións en mesas redondas e actos de divulgación e debate. Tamén podemos atoparnos con artigos e libros publicados sobre a situación de Palestina para profundar nas orixes, causas e consecuencias do xenocidio. Entre eles podemos destacar "Palestina, un grito por la libertad"; "La segunda Nakba palestina: El proceso de paz" o "La revolución árabe".
Xoves 23/01/2025
19:00h1
Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, Ferrol)