Lembrete: Próxima reunión Eólica Así Non o vindeiro 7 de xaneiro + escrito de peticións ao Parlamento Recibido
|
Saúdos! Feliz Ano!!
Pola presente, lembrámosche que o vindeiro martes 7 de xaneiro, ás 19:30 horas, temos convocada unha nova xuntanza da Coordinadora Eólica Así Non, coa seguinte proposta de orde do día:
1. Mobilización 26 xaneiro
2. Webinar técnico-xurídica
3. Escrito de peticións ao Parlamento
4. Varios.
A reunión terá lugar a través da seguinte ligazón:
https://us02web.zoom.us/j/
ID de reunión: 886 0074 2886
Código de acceso: 578524
ESCRITO DE PETICIÓNS AO PARLAMENTO
Tamén achegamos no documento adxunto o modelo de escrito de peticións que desde a nosa entidade e/ou plataforma e de forma particular teremos que dirixir á Comisión de Peticións do Parlamento de Galiza. A tal efecto cómpre saber:
1. Que o modelo de escrito é válido para presentar tanto como entidade xurídica (asociacións, plataformas, cooperativas, comunidades de montes, sindicatos, etc.), como por persoas particulares.
2. Que, tras cumprimentar os datos, podedes presentalo a) pola sede electrónica do Parlamento de Galicia (https://sede.
3. Que o obxectivo é que, cando menos, TODAS AS ENTIDADES que conformamos a Coordinadora Eólica Así Non PRESENTEMOS O ESCRITO DE PETICIÓNS en tempo e forma.
4. Que unha vez presentado, llo notifiquemos á Coordinadora, coa intención de poder levar un reconto dos escritos presentados por parte das plataformas e colectivos.
Na vindeira xuntanza, sería conveniente establecer unha data límite para a presentación formal dos escritos e tamén ver que acto público se pode promover desde a Coordinadora para escenificar a presentación desta petición colectiva ao Parlamento de Galicia.
MOBILIZACIÓN 26 XANEIRO
De aquí ao 7 de xaneiro cómpre que as plataformas e colectivos vaiamos determinando cales poderían ser as cabeceiras de comarcas nas que promover a mobilización do 26 de xaneiro, que como sabedes, se acordou que fose descentralizada.
Agradécese confirmedes, no posible, a vosa asistencia á vindeira reunión.
Sen máis, agardo que teñades bo comezo de ano!
Vémonos!
Belén
COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON