LEMBRANDO ÁS VITIMAS DO HOLOCAUSTO EN FERROL.
ÁLBUM FOTOS: https://drive.google.com/drive/folders/17WNtri34k0sHy0mgxLn6zRCfquDAQBHA?usp=sharing
A nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática asistíu hoxe ao acto organizado polo Concello de Ferrol en lembranza das Vítimas do Holocausto.
Presentado pola xefa de Protocolo Leonor Bermejo, celebrouse no salón de Recepcións, onde tivo lugar a conferencia impartida pola Decana da Facultade de Humanidades, do Campus de Ferrol, Manuela del Pilar Santos, a aportación musical de integrantes da Banda Ferrolá de Música, e o encendido das candeas por parte do alumnado do CIFP Ferrolterra.
En nome do Concello interviron o Concelleiro de Cultura José Antonio Ponte Far e o Alcalde José Manuel Rey Varela.
Parabéns polo acto, que contou cunha ampla representación da corporación e das asociacións e entidades cidadás e agradecemos a invitación.