Saltar ao contido principal

Felipe Noya, médico en Gaza: "Os recursos e elementos sanitarios pasaron a convertirse en obxectivos militares"

 Esta sexta feira a Agrupación Cultural Alexande Bóveda organiza na Coruña unha charla co ciruxián da ONG Médicos do Mundo, Felipe Noya, que estivo 11 veces de voluntario en Gaza. En conversas con 'Nós Diario', Noya explica a situación do sistema sanitario de Gaza e o papel da comunidade internacional en materia humanitaria.


—Como afecta este conflito ao Sistema de Saúde de Gaza?
O Sistema de Saúde de Gaza leva sometido a presión desde hai máis de 20 anos, tras o bloqueo que se fixo sobre a faixa, non é algo novo.

Desde o 7 de outubro de 2023, hai unha novidade significativa. Os recursos e elementos sanitarios comezan a converterse en obxectivos militares. Houbo entradas de militares nos hospitais, secuestro de profesionais e cifras de case perto de 1000 sanitarios detidos ou mortos. Ademais dáse un bloqueo da entrada de axuda humanitaria, os case 700 camións que entraron con axuda, entre eles con subministracións médicas, foron interrompidos e detidos durante meses.

A situación é realmente complexa non soamente no que se refire a recursos sanitarios, senón tamén na irrupción dos aportes de auga e de luz para o funcionamento da aparataxe normal dentro dos hospitais; especialmente nas unidades de críticos ou neonatos, que foron interrompidas xa días antes de comezar os bombardeos.

—Cales son  emerxencias sanitarias máis problemáticas para o pobo palestino?
As máis comúns son as relacionadas directamente cos ataques, que normalmente son feridos por bombardeos ou doentes por derrubamentos de edificios. Se observamos fotos de Gaza, o 70 % dos edificios están derruídos e maioría da poboación está vivindo en tendas de campaña e chabolas máis ou menos improvisadas e moitos deles fican en movemento continuo.
A parte destes feridos, segundo as cifras do Ministerio de Saúde Palestino, pódense alcanzar as 250000 persoas doentes en hospitais, que non son capaces de dar resposta. As emerxencias habituais, tanto quirúrxicas como non soamente se poden tratar no hospital central da faixa porque o que era o hospital máis grande de Gaza quedou moi tocado xa nos primeiros meses por mor dos bombardeos.

—Cales son as emerxencias sanitarias máis problemáticas para o pobo palestino?
As máis comúns son as relacionadas directamente cos ataques, que normalmente son feridos por bombardeos ou doentes por derrubamentos de edificios. Se observamos fotos de Gaza, o 70 % dos edificios están derruídos e a maioría da poboación está vivindo en tendas de campaña e chabolas máis ou menos improvisadas e moitas persoas fican en movemento continuo.

A parte destes feridas, segundo as cifras do Ministerio de Saúde palestino, pódense alcanzar as 250.000 persoas doentes en hospitais, que non son capaces de dar resposta. As emerxencias habituais, tanto cirúrxicas como non, soamente se poden tratar no hospital central da faixa porque o que era o hospital máis grande de Gaza quedou moi tocado xa nos primeiros meses por mor dos bombardeos.

—Moitas veces nos centramos unicamente nos problemas físicos, mais como afecta esta situación á saúde psicolóxica?
As veces que estiven en Gaza foi precisamente traballando nos hospitais, mais na ONG Médicos do Mundo, teñen unha tradición de traballo no ámbito de saúde psicosocial en contextos de violencia.

En Gaza temos un proxecto enfocado na poboación infantil, que creceron neste ambiente de violencia. Son situacións complexas, mais debemos considerar que a poboación gazatí ten unha dura experiencia a nivel de saúde mental. Moitas veces a cativada chega a asumir que a súa vida é baixo as bombas.

É importante trasladar información a xente que se considera distante, porque a violencia é moi contaxiosa. Unha lección que aprendemos disto foi que a información que se transmite nas noticias e o discurso da linguaxe belicista xera máis odio e distanciamento coas emerxencias humanitarias.

—Cal debería ser o papel da comunidade internacional neste conflito?
Nos primeiros días tivo unha resposta bastante tibia e pouco a pouco foron aparecendo posturas discordantes, en concreto coas medidas que tomou Sudáfrica no Tribunal internacional. O dereito internacional humanitario púxose en discordia e era unha cousa que estaba afectando directamente á relación entre os países.

Os intereses económicos, moitas veces, da compravenda de armas puxéronse por diante dos dereitos humanos e isto é algo que vai a pasar factura desde o punto de vista das relacións internacionais.

A comunidade internacional non estivo nin está a altura. Non é unha situación nova para a poboación gazatí e a esperanza que ten depositada sobre a comunidade internacional é ningunha. O problema está na propia crise que poidan ter as Nacións Unidas respecto á súa incapacidade de dar resposta a un problema desta magnitude.