Agresións e desatención: a Xunta muda a xestión do centro de discapacidade Souto de Leixa tras 15 anos de eivas
A calidade dos servizos sociais en Galicia empeorou o pasado ano, cun gasto inferior á media e "dereitos de papel"
As prazas en residencias privadas de servizos sociais duplican as públicas en Galicia
En 1 de cada 4 fogares galegos vive unha persoa con discapacidade, a proporción máis elevada do Estado
"Ourense non ten dereito a un Centro de Persoas con Discapacidade coma o resto de Galicia?"
A Xunta dispón de catro complexos de atención a persoas adultas con discapacidade. Tres deles, os da Coruña, Sarria e Chapela (Redondela), teñen xestión pública directa. Mentres, o de Souto de Leixa (Ferrol), vén sendo xestionado pola empresa Clece, do grupo ACS, que tras anos de denuncias por múltiplas eivas no servizo -dende agresións a persoal insuficiente- está ás portas de perdelo ao decidir a Consellería de Política Social adxudicalo a unha entidade social aínda por decidir.
A Plataforma ProCAPD leva case unha década esixindo que Ourense deixe de ser a única provincia galega sen un centro da Xunta para a atención á discapacidade. Agora, ás portas da súa apertura, esixen cumprir a promesa de que teña xestión pública tras decidir Política Social o contrario
Neste cadro xeral vén faltando Ourense, a única provincia galega sen un centro de atención á discapacidade. A intensa mobilización das familias que, hai case unha década, constituíron a Plataforma ProCAPD aguilloou o Goberno galego para acceder a emendar a carencia. En 2020 comezaban no barrio ourensán de Barrocás as obras dun complexo que, tras múltiples avatares -incluída unha paralización dos traballos que acabou derivando nun cambio de empresa construtora-, está rematado e que Política Social di prever poñer en servizo a vindeira primavera. Pero a loita non rematou. Ao contrario, semella máis viva ca nunca.