As bases militares no exterior son un eixo central da política internacional estadounidense. Neste sentido, o seu desenvolvemento resulta chave no mantemento da hexemonía de Estados Unidos.
Amin sinalou que "este proceso de subordinación e integración quedou patente no aparello militar construído por Estados Unidos, cuxos eixos foron a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), creada en 1949, e o Tratado de Seguridade entre Estados Unidos e Xapón de 1951”
“O estabelecemento dun sistema de bases militares estadounidenses nas potencias derrotadas —Alemaña, Italia e Xapón— “, asegurou Amin, “permitiu a Washington deixar de lado calquera conversación sobre un proxecto militar ou diplomático soberano para Europa ou Xapón”.
Estados Unidos mantén abertas na actualidade fóra das súas fronteiras 833 bases militares. As mesma repártense por todo o planeta, emprazándose en 183 estados de todo o mundo.
408 bases militares estadounidenses localízanse nos denominados países dos Cinco Ollos, porque comparten intelixencia entre si (Australia, Canadá, Nova Zelandia, Reino Unido, e Israel), en Europa e en Xapón.
Xapón e Alemaña
Xapón é o Estado do mundo con máis instalacións militares estadounidenses no seu chan con 120 bases. A continuación, sitúase Alemaña que alberga 119 e mais de 35.000 soldados.
A presenza militar estadounidense é moi importante nos estados que integran a Unión Europea. Así, por exemplo, Italia conta con 49 bases estadounidenses no seu territorio e Portugal con 20.
O secretario de Estado estadounidense durante os mandatos de Nixon e Ford, Henry Kissinger, apuntou que “as bases militares non son meros instrumentos de poder militar, senón tamén de poder político”.