Alejandro Viana Esperón xa ten a súa canle de youtube onde podedes acceder a diferentes audiovisuais que lembran a súa historia de xenerosidade, valentía e entrega aos demais.
Nesta canle de youtube podedes desfrutar do audiovisual producido polo Ateneo Amado Garra o pasado mes de maio, con motivo da homenaxe que se tributou a Alejandro Viana e Pastor Candeira. O documental ofrece de forma dramatizada as voces de Alejandro Viana, Pastor Candeira e outros personaxes, recreación que reproduce literalmente e con realismo o contido de correspondencia, memorias de exiliados, informes, etc...
Animámosvos a subscribirvos á canle de youtube de Alejandro Viana Esperón.
https://www.youtube.com/watch?v=vQpaSlkfluQ
https://www.facebook.com/100078018115380/posts/pfbid02xse1N8oK6C1Fzq6q2cGqKT2nAas9uqmicXfNxwoUk1p91hB7sEVxyUnnDmyD9Qhxl/