Saltar ao contido principal

Tres terremotos en 24 horas nas comarcas de Chantada, Sarria e Os Ancares

 Os movementos sísmicos tiveron lugar nos municipios de Taboada (comarca de Chantada), Triacastela (comarca de Sarria) e Pedrafita do Cebreiro (Os Ancares).



As comarcas de Chantada, Sarria e Os Ancares rexistraron tres pequenos terremotos entre a tarde desta sexta feira e a mañá do sábado, tres movementos sísmicos con menos de 24 horas de diferenza e que tiveron lugar nos municipios de Taboada (comarca de Chantada), Triacastela (comarca de Sarria) e Pedrafita do Cebreiro (Os Ancares

Segundo recolle o Instituto Xeográgico Nacional (IXN), o primeiro movemento sísmico rexistrado tivo lugar esta sexta feira ás 20.21 horas en Taboada, cunha magnitude de 1.6 graos. Así mesmo, o IGN rexistrou o segundo tremor este sábado ás 01.51 horas no concello de Triacastela, cunha miagnitud de 2.4.

Nesta liña, na mañá deste sábado, ás 10.39 horas, rexistrouse un terceiro terremoto, neste caso en Pedrafita do Cebreiro, cunha magnitude de 1.9.


A actividade sísmica é frecuente nesta zona da provincia de Lugo. Ao longo do ano adóitanse rexistrar varios, aínda que sen alcanzar gradación importante na escala Richter. De feito, moitos deles apenas se perciben.

Terremotos na costa

Esta mesma semana, na terza feira pasada, sentíronse tremores en Sentiuse en Ferrolterra, Ortegal, A Mariña e A Terra Chá.

Segundo a información recollida polo IXN, o sismo producíronse ás 21.56 horas a 20 quilómetros de profundidade e sentiuse, con diferente intensidade, en sete concellos galegos, desde Ferrolterra até A Terra Chá.

En concreto, veciñanza dos municipios de Valdoviño, Ortigueira, Ares, Mañón, Moeche, Viveiro e Castro de Rei, notificaron ao Instituto Xeográfico que sentiran este terremoto.