Saltar ao contido principal

Renovacion concerto hospital privado POVISA

 


manuel martin

Adjuntossáb, 28 dic, 10:33 (hace 1 día)
í

Ante a información de que o Hospital Privado POVISA conseguiu que a Xunta de Galicia incremente nun 20% a súa financiación coa renovación do Concerto Singular, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos unha vez mais denunciar esta medida supón consolidar e ampliar a privatización hospitalaria da área viguesa controlada por fondos de investimento estranxeiros:

1. O Hospital Álvaro Cunqueiro esta en mans de dous fondos de investimento, o francés Meridiam e o luxemburgués River Rock;  a construtora Puentes e Calzadas e a empresa enerxética Veolia e POVISA en mans da francesa Vivalto Sante (dona de 91 hospitais en toda Europa).

2. POVISA incrementa o diñeiro que recibe do SERGAS nun 20%,  pasando de 80 a 100 millóns ao ano, mentres que o orzamento sanitario de Galicia total para 2025 crece tan só un 1,6% e o hospitalario queda exactamente igual.

3. Chama a atención que o SERGAS destine 81,4 millóns de euros ao Hospital Cunqueiro (que a pesar dos recortes no proxecto inicial), conta con 1.321 mentres que a POVISA que non chega a 400 camas recibe 100 millóns e ten entre un 25-30% menos recursos por cama que os hospitais públicos.

A Xunta de Galicia segue utilizando a mentira como forma de facer política xa que mentres que nega a privatización do Sistema Sanitario en realidade a consolida e incrementa.

O vindeiro 16 de xaneiro a poboación da Área de Vigo terá a oportunidade de manifestar o seu rexeitamento a esta inaceptable situación.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

image.png

1 archivo adjunto• Analizado por Gmail