Por qué es importante esta petición
POR UN TEATRO MARÍA CASARES
As rúas da Coruña foron, en 1922, o primeiro escenario no que María Casares debutou na vida. Mais no outono de 1936, tivo que emprender un camiño que a acompañaría toda a vida, o exilio.
María Casares, actriz de recoñecido prestixio internacional, é venerada como unha das grandes damas do teatro francés do século XX.
Na escena prestou a súa voz a mulleres de todas as épocas, a mulleres de calquera condición social: Lady Macbeth, Bernarda Alba, A Celestina, Mari-Gaila...
Interpretou obras dos grandes autores do teatro internacional: Sartre, Eurípides, Shakespeare, Chéjov, Ibsen...
Francia recoñeceu a súa arte outorgándolle os máis altos honores: o Premio Molière, o Gran Premio Nacional de Teatro, a Lexión de Honor...
En Galicia recibiu a Medalla Castelao, e a Asociación de Actores e Actrices entrega cada ano os Premios de Teatro María Casares.
Calquera cidade sentiría o orgullo de ser o lugar que a viu nacer, mais na Coruña non hai nada que recorde a esta neta de cigarreira. Por iso reivindicamos e solicitamos á Deputación da Coruña que honre a unha das súas mulleres máis universais, a esta gran actriz coruñesa cambiando a denominación do actual Teatro Colón por TEATRO MARÍA CASARES.
A iniciativa “Teatro María Casares” está apoiada por:
Plataforma Unímonos Ou Afundimos
Academia Galega do Audiovisual
Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.
AGAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas.
AGAPI, Asociación Galega de Produtoras Independentes
Asociación Escritores en Lingua Galega (AELG)
Asociación Galega Músicas ao Vivo
Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural
Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Asociación Cultural O Facho
Ateneo Republicano
Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Asociación dos Amigos dos Museos de Galicia
Fundación Luzes
Fundación Uxio Novoneyra
Compañía de Teatro Noite Bohemia
Manicómicos
Asociación Cultural AÏS
Sección Galicia da Sociedade Española de Estudos Clásicos
Maquinaria Pesada
Asociación Proxecto Máscaras
O Novo Normal A Coruña
Teatro do Atlántico
Asociación Veciñal Atochas Monte Alto
Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Cuac FM
Colectivo Nonmepisesofreghao
Asociación Lúdico-cultural Os Maracos
AKAFEM (Rede Feminista Municipalista)
As Comadres Cigarreiras
María Lopo, ensaísta, autora, entre outras obras, de “O tempo das Mareas: María Casares e Galicia”
Xavier Villaverde, cineasta, director do documental “María Casares: A muller que viviu mil vidas”