Manuel Monge presenta documentación ante o Goberno español.
En Vigo, salientou, conservan distincións Antonio Pedrosa Latas, falanxista; Antonio Aranda, militar golpista; Eduardo González-Gallarza, ministro na ditadura, ou Leopoldo Eijo y Garay, falanxista e bispo franquista.
Alcaldes da ditadura, destacou, conservan distincións, como Rafael Jesús Portanet, que nomea unha avenida, e Tomás Pérez Llorente, que mantén a medalla de ouro, mentres que o marqués de Valterra –Pascual Fíez de Rivera y Casares– conserva unha rúa. Na cidade olívica, engadiu, continúa a cruz dos caídos do Castro.
Pontevedra
Pontevedra conserva a distinción de fillos adoptivos a militares golpistas como Fermín Gutiérrez Soto, Salvador Moreno Fernández e Ángel Ramírez de Cartagena, así como a ministros na ditadura como Pío Cabanillas Gallas, Gonzalo Fernández de la Mora e Juan Antonio Suanzes.
Por outra parte, dixo, a boa vila conserva rúas dedicadas a alcaldes na ditadura, e segue a cruz dos caídos na avenida de Montero Ríos e a placa aos caídos na igrexa de San Bieito de Lérez.
Deputación
Alén diso, denunciou Monge, presidentes da Deputación de Pontevedra na ditadura conservan distincións, como Rafael Picó ou Javier Puig. Ademais, os gobernadores civís de Pontevedra na ditadura seguen con medallas e a distincións, como Rafael Fernández Martínez, José González-Sama e Ramón Encinas.
Alcaldes da ditadura conservan distincións, como Rafael Jesús Portanet, que nomea unha avenida, e Tomás Pérez Llorente, con Medalla de Ouro. O marqués de Valterra (Pascual Fíez de Rivera y Casares) conserva unha rúa, retirada en Pontevedra, e continúa a Cruz dos Caídos do Castro.