Saltar ao contido principal

Nota AGDSP morte de Marciano Sanches Bayle

 



manuel martin

20:23 (hace 1 hora)

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, que forma parte da Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública Galega quere expresar súas condolencias polo falecemento o día 21 decembro de Marciano Sánchez Bayle portavoz da Federación..

Marciano medico pediatra tivo un papel fundamental  na constitución da Federación nos  anos 80 do pasado século  co obxectivo de promover a creación do Servizo Nacional de Saúde  o final do franquismo  e posteriormente loitar contra os intentos  das forzas da dereita para desmantelar e privatizar a Sanidade Pública.  

A Federación na que se integran traballadores/as da sanidade pública contribuío a creación de Plataformas en tofo o Estado ( como SOS Sanidade Pública de Galicia), nas que  participan organizacions sociais, sindicais   e políticas  e que son craves na loita por defender o dereito a saúde para toda a poboación.

Marciano desenvolveu a súa actividade profesional como xefe de sección de pediatría no Hospital Niño Jesús de Madrid,  publicou infinidade de artigos e  libros relacionados coa política sanitaria e  colaborou activamente nas mobilizacións sociais e profesionais polo dereito universal á saúde. Foi demais  Vicepresidente da Association of Health Policiy  a nivel internacional.

Para a nosa Asociación Marciano Sánchez Bayle ocupara para sempre un lugar de honra na historia da Sanidade Publica.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/obituarios/2024/12/23/marciano-sanchez-bayle-defensor-sanidad-publica/00031734976089852751491.htm