Saltar ao contido principal

Felices festas e próspero ano 2025

 

A xunta directiva da Asociación Cultural Fuco Buxán queremos querémosvos agradecer o voso acompañamento durante este ano.

Nestas datas faremos balance sobre o acontecido durante este ano e celebraremos o conseguido grazas ao voso compromiso social, sen o cal esta asociación carecería de sentido. Tamén é momento de mirar cara ao futuro e abordar os problemas sociais para traballar en aras de conseguir unha sociedade baseada na xustiza social.

O próximo ano cumprimos 25 anos de actividade e, seguindo na nosa liña, queremos reforzar a loita pola igualdade e o recoñecemento da memoria histórica. Xuntas reivindicaremos melloras para enfrontarnos aos desafíos destes tempos.

Felices festas e próspero ano 2025!

Unha aperta!


2025.png